Rincón Deontolóxico
O Código Deontolóxico do Educador e da Educadora Social sirve como norma de conduta profesional para os educadores/as sociais no exercicio do seu labor nos diversos ámbitos onde interveñen.
O actual código foi aprobado polo CESG na Asemblea Xeral do ano 2004. En Asedes (Asociación Estatal da Educación Social) existe unha comisión centrada na deontoloxía da profesión, que segue a traballar sobre o texto e na actualidade hai unha proposta de modificación do mesmo.
É importante que todos fagamos aportacións neste tema tan importante. Ademais de suxestións para esta proposta de modificación, interésanos coñecer dificultades, dúbidas, conflitos e dilemas relacionados co tema deontolóxico, con aspectos éticos do noso exercicio profesional.
A través deste formulario, ou ben a través do correo electrónico xeral do CESG, podedes facer chegar os vosos comentarios ao respecto. Agradecemos a vosa participación.
» Consultar código deontolóxico actual
» Consultar proposta de modificación do código deontolóxico
AVISO LEGAL
Os datos facilitados pasarán a formar parte dun ficheiro declarado ante a AEPD, que ten como finalidade a xestión dos servizos ofrecidos aos/ás Colexiados/as.
Ao suscribir este formulario, vostede consinte o tratamento destes datos coa finalidade mencionada. Estes datos son veraces e exactos debendo comunicar calquera modificación dos mesmos ao Responsable do Ficheiro. Pode exercer os dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación mediante carta e axuntando a fotocopia do DNI na seguinte dirección: Colexio de Educadores Sociais de Galicia, Rúa Gómez Ulla, 7 - 3º 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).
|