Galego galego Castellano castellano

acceso colexiados
 
      




O CEESG pertence ao

CONVOCATORIAS

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2010 DO CEESG



O pasado día 26 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg, á que foron convocadas todas as persoas colexiadas da entidade.
A Asemblea ou Xunta Xeral é o órgano supremo de goberno do colexio e soberano na toma de decisións, e está integrada por todas as colexiadas e colexiados. Debe reunirse polo menos unha vez ao ano para aprobar os documentos de traballo da entidade.

Neste encontro aprobouse a acta da asemblea anterior, as memorias técnicas e económicas do 2009 e os plans de traballo e presuposto para o presente ano. Ademais, aprobouse unha flexibilización do prazo de xustificación de situación bonificada para o cobramento semestral da cota colexial, e explicáronse as implicacións da Lei Ómnibus para o colexio e para a profesión.

As persoas asistentes foron moi participativas, e as súas intervencións enriqueceron un ameno debate.

Documentación da Asemblea:

Outra documentación:

Documentación que se acordou publicar:

Acta desta Asemblea Xeral Ordinaria 2010 (pendente de aprobación na seguinte asemblea)



Aproveitando este encontro, fíxose a primeira presentación oficial da que será a nova páxina web do Ceesg, co relatorio "Cara a unha web 2.0 para a Educación Social". Nesta presentación deuse a coñecer a nova imaxe da web, e explicáronse as súas funcionalidades e o seu funcionamento. Aínda que polo momento non está operativa na súa totalidade, esperamos que pronto poida publicarse e estar así ao servizo do colexio e as súas colexiadas e colexiados.



COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
Rúa Lisboa, 20 – baixo 15707 - Santiago de Compostela
Tfno: 981 552206 Fax: 981 938274

Política de Protección de Datos