Galego galego Castellano castellano

acceso colexiados
 
      




O CEESG pertence ao

AVISOS

O EDUCADOR/A SOCIAL COMO PERITO XUDICIAL



A acción do Educador/a Social ten normalmente un carácter intervencionista, dirixido á mellora da situación social e educativa das persoas ás que dirixe o seu traballo. Para o desenvolvemento da súa labor, dispón de coñecementos e capacidade para a implementación de técnicas de análise e investigación socioeducativa, que son necesarias para a detección, análise, valoración e interpretación de necesidades do entorno socioeducativo (institucional, familiar, comunitario...) no que intervén. Estes coñecementos e capacidades veñen avalados pola súa formación universitaria, que inclúe nos seus plans de estudo materias específicas relacionadas coa investigación socioeducativa.

Esta capacidade de análise e valoración dunha situación social determinada, xunto coa formación específica na materia impartida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, é a que fai do educador/a social o profesional competente para actuar como perito en procedementos xudiciais nos que se requira a valoración dun experto no ámbito socioeducativo.

A actividade pericial consiste na valoración por parte dun experto dunha determinada situación ou feito, que pode ser influinte para a decisión xudicial, e pode ser empregado como proba nun xuízo. Este proceso está regulado pola Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, que establece que “Cando sexan necesarios coñecementos científicos, artísticos, técnicos ou prácticos para valorar feitos ou circunstancias relevantes no asunto ou adquirir certeza sobre eles, as partes poderán aportar ao proceso o ditame de peritos que posúan os coñecementos correspondentes ou solicitar, nos casos previstos nesta lei, que se emita ditame por perito designado polo tribunal.” O perito debe actuar sempre coa maior obxectividade posible, tomando en consideración tanto o que poida favorecer como o que poida causar prexuízo a calquera das partes.

Esta lei establece tamén que a principios de cada ano se lles solicitará aos Colexios profesionais a lista de colexiados dispostos a actuar como peritos. Para a confección desta lista, o CEESG aprobou un regulamento que está á vosa disposición nesta web.

Para consultar o regulamento, pinchar en “Máis información” (acceso exclusivo a colexiados/as)
Máis información



COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
Rúa Lisboa, 20 – baixo 15707 - Santiago de Compostela
Tfno: 981 552206 Fax: 981 938274

Política de Protección de Datos