Galego galego Castellano castellano

acceso colexiados
 
      




O CEESG pertence ao

COMUNICADOS, MANIFESTOS, DECLARACIÓNS E NOTAS DE PRENSA

MANIFESTO DE COMPOSTELA POLA PAZ MUNDIAL E A XUSTIZA



Con motivo do paso da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia por Santiago o pasado día 25 de Outubro, diversas entidades, entre as que se atopa o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, convocaron un acto de carácter unitario aberto ao público que tivo lugar no Teatro Principal, Santiago de Compostela (Rúa Nova).

Foi un acto moi emotivo, especialmente, cando Pepe Ferreirós, alma mater de Milladoiro, tocou a Gaita Peregrina que levará o alento e a voz do pacifismo galego por todo o percorrido da Marcha ata a Patagonia arxentina na que rematará o vindeiro 2 de Xaneiro.

A presentación de Begoña Fontenla, magnífica, como sempre, ó igual que as poesías de Marilar Aleixandre, Concha Rousia ou Iolanda Aldrey e as dos nenos e nenas do CEIP López Ferreiro. E os contos de Anxo Moure.

Igualmente excelentes as cancións de Pepe Constenla, Xoan Curiel,e Emilio Rúa, particularmente a canción a coro de Luis Emilio Batallán, Quen puidera namorala.

O remate final, con Pepe Ferreirós tocando o Himno Galego, con todo o público cantando en pé de paz, foi a mellor despedida.

Manifesto de Compostela pola Paz Mundial e a Xustiza






Máis información



COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
Rúa Lisboa, 20 – baixo 15707 - Santiago de Compostela
Tfno: 981 552206 Fax: 981 938274

Política de Protección de Datos