Galego galego Castellano castellano

acceso colexiados
 
      




O CEESG pertence ao

SERVICIOS

ASESORAMENTO PARA O AUTOEMPREGO



No Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, co propósito de apoiar as iniciativas empresariais e de fomentar o emprego por conta propia como saída laboral, está dispoñible un sistema de asesoramento laboral en materia de autoemprego para colexiados/as.

Firmouse un convenio coas entidades Xeneme Intervención Social, s.l.l. e CIMO, que serán as que exercerán como asesoras. Deste xeito, os/as colexiados/as que estean interesados en recibir asesoramento para a posta en marcha do seu proxecto empresarial, que sexan residentes nas provincias de A Coruña e Lugo serán atendidos por Xeneme, mentres que os das provincias de Pontevedra e Ourense serano por CIMO. Ambas organizacións contan con experiencia en asesoramento relacionado con proxectos empresariais.

Para acceder ao servizo de asesoramento ou informarte mellor acerca do mesmo, contactar co CEESG.



COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
Rúa Lisboa, 20 – baixo 15707 - Santiago de Compostela
Tfno: 981 552206 Fax: 981 938274

Política de Protección de Datos