|
|
SERVICIOS
| SEGURO DE RESPONSABILIDADE PROFESIONAL |
NOVIDADE: No 2010 o custo de suscripción do seguro pasa de 16 € a só 9€ anuais. Ademais, amplíanse as coberturas.
A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 189 do venres 28 de setembro de 2001) no seu artigo 9. l) establece como unha das funcións da nosa entidade:
“organizar actividades e servizos comúns de carácter profesional, cultural, asistencial, de previsión e análogos que sexan de interese para as/os colexiadas/os, así como de cobertura de posibles responsabilidades civís contraídas por eles no exercicio da súa profesión”
Durante o desempeño das nosas actividades como profesionais da educación social estamos expostos a causar algún tipo de dano, xa sexa nas persoas coas que traballamos ou nos seus bens, o que constitúe unha ameaza para o noso patrimonio e ingreso. Para estas situacións debemos contar cun seguro de responsabilidade civil. Así, o obxecto do seguro é trasladar á compañía aseguradora o custo de defensa e no seu caso, da cantidade á que se nos condene por calquera demanda da que sexamos obxecto, relacionada cun dano real ou presunto sufrido por un terceiro.
Así, o colexio ofrece, a través da Correduría Segurengín, un Seguro de Responsabilidade Civil Profesional, cuberto pola compañía ZURICH ESPAÑA S.A.
Á vista á escasa demanda colexial deste servizo detectada polo Ceesg, a subscrición do seguro non ten carácter obrigatorio para todas/os colexiadas/os, senón que será de subscrición voluntaria para as persoas que o soliciten por escrito.
Ver condicións xerais
Ver coberturas e condicións específicas 2010
Descargar formulario de suscrición do Seguro
|
|