Galego galego Castellano castellano

acceso colexiados
 
      




O CEESG pertence ao

N0VOS COLEXIOS PROFESIONAIS


Actualmente existen en activo doce colexios profesionais de Educadores e Educadoras Sociais en España:

 » Lei de creación do Col·legi d'Educadores i Educadors Socials de Catalunya (CEESC), como pioneiro. Lei 15/96 do parlamento de Catalunya de 15 de novembro.

 » Lei de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia (CESG). Lei 1/2001, de 22 de Xaneiro.

 » Lei de creación do Col·legi d'Educadores i Educadors Socials de les Illes Balears (CEESIB). Lei 8/2002, de 26 de setembro.

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadores Sociais da Rexión de Murcia (CPESRM). Lei 1/2003, de 28 de marzo.

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadores e Educadoras Sociais da Comunidade Valenciana (CEESCV). Lei 15/03, de 24 de novembro.

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadores e Educadoras Sociais do País Vasco (CEESPV). Lei 7/03, de 22 de decembro.

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadores Sociais de Castilla La Mancha. Aprobada polo pleno das cortes de Castilla La Mancha de data 25 de marzo de 2004.

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadores e Educadoras Sociais de Castilla y León. Lei 2/2005, de 23 de marzo

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadores Sociais de Andalucía. Lei 9/2005, de 31 de maio

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Aragón. Lei 9/2005, de 10 de outubro

 » Lei de creación do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Estremadura. Lei 1/2009, de 18 de febreiro

 » Lei de creación do Colexio Oficial de Educadoras e Educadores Sociais de Navarra. Lei Foral 4/2009, de 30 de abril


A HABILITACIÓN

A normativa para pertencer a un colexio profesional é moi similar en tódalas comunidades autónomas e baséase en estar diplomado/a en Educación Social ou habilitado/a por un dos colexios profesionais de Educadores/as Sociais existentes.

A habilitación é un proceso extraordinario, que ten que estar incluído e regulado na Lei de Creación dun Colexio Profesional ou no Estatuto dun Colexio Profesional, xa que os Colexios Profesionais son as únicas institucións de Dereito Público que poden outorgar a habilitación para o exercicio dunha determinada profesión.

A titulación universitaria oficial da Diplomatura de Educación Social está regulada no R.D. 1420/1991. A habilitación profesional é un proceso polo que se recoñece a capacitación para exercer como Educador/a Social a aquelas persoas que cumpran determinados requisitos establecidos por lei. Isto é así porque a pesares de que a Diplomatura é de relativamente recente creación, historicamente vense desenvolvendo e exércese con anterioridade á creación da titulación universitaria.

Para exercer como Educador/a Social, unha vez se desenvolvan os Colexios Profesionais deberase estar habilitado/a ou ser Diplomado/a en Educación Social.

A habilitación profesional como educador/a social non implica a obtención do título de Educación Social nin ten efectos académicos. Para isto é necesario cursar os estudos universitarios correspondentes ou obter homologación académica por estamento universitario autorizado para iso.

REQUISITOS PARA SOLICITAR A HABILITACIÓN

COLEXIO DE EDUCADORES E EDUCADORAS SOCIAIS DE NAVARRA:
NAGIHEO-COEESNATITULACIÓN REQUERIDA
Estudios iniciados antes do curso 2001-2002
EXPERIENCIA PROFESIONAL
(Dedicación plena e/ou principal en tarefas propias de Educación Social)
SUPOSTO 1ºLicenciatura ou Diplomatura Universitaria3 anos de experiencia cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2005
SUPOSTO 2ºEstudos específicos dun mínimo de 3 anos no ámbito da Educación Social en Formación Profesional de segundo grao3 anos de experiencia cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2005
SUPOSTO 3º Ningunha titulación13 anos de experiencia cumpridos antes do 12 de maio de 2009
Prazo de solicitude: do 15/07/09 ao 12/05/10



COLEXIO DE EDUCADORES E EDUCADORAS SOCIAIS DE EXTREMADURA:
COPESEXTITULACIÓN REQUERIDA
Estudios iniciados antes do curso 1995-1996
EXPERIENCIA PROFESIONAL
(Dedicación plena e/ou principal en tarefas propias de Educación Social)
SUPOSTO 1ºLicenciatura ou Diplomatura Universitaria3 anos de experiencia cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2005
SUPOSTO 2ºNingunha titulación10 anos de experiencia cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2005
Prazo de solicitude: do 29/07/09 ao 21/08/10



CÓMO SOLICITAR A HABILITACIÓN

SOLICITALO NO COLEXIO QUE TRAMITA A HABILITACIÓN:

Información e documentación sobre habilitación en Navarra

Información e documentación sobre habilitación en Extremadura

SOLICITALO A TRAVÉS DO CEESG:

Segundo convenio asinado entre todos os Colexios de educadoras e educadores sociais existentes, hase de facilitar mutuamente tódolos trámites administrativos para realizar as habilitacións, de modo que se pode tramitar a documentación necesaria presentándoa directamente no CEESG.

A documentación a presentar é a establecida polo colexio no que se solicita a habilitación (consultar enlaces anteriores), a excepción do resgardo de pago da taxa, que soamente pode realizarse nalgunha das seguintes contas:
Banco Sabadell: 0081-0499-61-0001046708
Caixa Galicia: 2091-0101-12-3040049357
Caixanova: 2080-0152-65-0040020458

A taxa a ingresar ascende neste caso a 35€ (30€ de taxa de habilitación e 5€ por xestión administrativa)

Cómpre aclarar que, en calquera caso, a resolución definitiva sobre a habilitación é responsabilidade única da Comision Habilitadora do Colexio ao que se solicita a habilitación (Navarra ou Extremadura).

Para calquera dúbida ou aclaración para a tramitación da solicitude de habilitación ponte en contacto connosco enviándonos un e-mail ou chamándonos ó 981 55 22 06 (Luns a Xoves: 09:00-14:00/17:00-19:00 e Venres: 09:00-14:00. Horario de verán: Do 1 de xuño ao 30 de setembro, de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas).



COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
Rúa Lisboa, 20 – baixo 15707 - Santiago de Compostela
Tfno: 981 552206 Fax: 981 938274

Política de Protección de Datos