Colexio de Educadores

Sociais de Galicia

Rúa Gómez Ulla, 7, 3º

15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)

 

@secretaria-tecnica@colexioeducadores.com

http://www.colexioeducadores.com

  981 55 22 06

  981 93 82 74

 

CESG non se fai responsable,

nen ten porqué identificarse

necesariamente coas opinións expresadas

nesta publicación.

 

Prohibida a reproducción total ou parcial

Desta publicación. Fotografías protexidas

Pola lei de protección intelectual

 

Edita: Colexio de Educadores Sociais de Galicia

    

 

Equipo de elaboración

Da Revista

ANXELA PAZ RODRÍGUEZ

ANA PAZ RODRÍGUEZ

MERCEDES SÁNCHEZ ROMERO

COMISIÓN XESTORA DO CESG

 

Ilustración portada

CALINA LAVANDEIRA

 

Ilustración Interior

ÁNXELA PAZ RODRÍGUEZ

 

Deseño e preimpresión

CORMORAN Produccións Gráficas

 
 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Galeduso nº 0

 

Editorial

 

Investigación

 

Práctica Profesional

 

A debate

 

De actualidade

 

O Cesg Informa

 

Barco de Papel

 

Buzón opinable

 

 

 

 

 

 


 

0 nacemento dunha nova publicación sempre é un motivo de ledicia e moito máis, se cabe, ocorre con esta GALEDUSO que nace coa idea de traballar por e para a EDUCACIÓN SOCIAL e ser, deste xeito, o vehículo de información do COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA.

 

Un dos obxectivos do noso Colexio é o de acadar o recoñecemento da profesión de educador/a, animador/a sociocultural ou educador/a de persoas adultas, e por iso xurde a idea de facer unha publicación de ampla difusión que chega ás colexiadas e colexiados do CESG, pero tamén a outras e outros profesionais achegadas/os á nosa tarefa, e ás persoas da Comunidade Galega interesadas nestes temas.

 

Queremos facer unha revista "viva " e chea de colaboracións dos educadores e das educadoras galegas ou doutras comunidades. Como veredes máis adiante, temos moitas seccións abertas ó debate e á participación. É moi importante que se dea a coñecer o que se está a facer neste campo e intercambiar experiencias. Por todo iso, vos convidamos e solicitamos a vosa colaboración nos seguíntes números.

 

Dende esta publicación o CESG tamén vai tentar facer chegar ás colexiadas e colexiados as informacións que crea poidan ser do seu interese; as actividades a realizar; os servicios que se vaian poñendo en funcionamento; as campañas que se leven a cabo; así como, publicitar os documentos que se realicen dende o Colexio e, por suposto dar contas dos traballos realízados.

 

Para o Colexio que queremos, participativo e fondamente implicado na sociedade galega, este instrumento constitúese nunha peza imprescindible.

 

Cremos que a través da tan necesaria normalización da nosa profesión ( proceso habilitador que estamos levando a cabo ), do coñecemento e colaboración das/os distintas/os profesíonais que estamos traballando neste ámbito. Acadando a necesaria regulación das distintas situacións profesionaís, poderemos, sen dúbida, mellorar a nosa praxe profesional, e por tanto, a vida da sociedade en xeral, e abrir, ó mesmo tempo, novos campos de intervención.

 

Aquí está, pois, GALEDUSO palabra formada por dúas ideas claves: GALICIA, onde traballamos ou nos estamos preparando para mellorar a súa sociedade, e EDUCACIÓN SOCIAL a nosa profesión, que queremos máÍs recoñecida, mellor representada e máis normalizada. Para isto nace, con vocación de vivir moito tempo, esta, a VOSA revista.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



 

 

    

 

 

A animación Sociocultural e a Pedagoxía do Ocio entraron na Universidade. A participación da Universidade neste tipo de formación a partir sobre todo da aprobación da Diplomatura Universitaria en Educación Social (R. D. 1420/1991) é unha realidade. Con anterioridade á creación da Diplomatura, as Universidades vifian prestando certa atención ó lecer, tanto na investigación como na docencia, desde os Departamentos de Pedagoxía, contemplando, como 6 o caso de Santiago de Compostela, unha especialidade en Intervención Socioeducativa, moi vencellada á Política educativa municipal naqueles primeiros concellos democráticos da transición en certas cidades

Dúas eran as opcións posibles para incorporar este ámbito na Universidade. Por unha parte, seguindo o modelo francófono que tende á especialización, constituir unha titulación específica ou, por outra parte, tendendo a un título polivalente e plural, albergar baixo o mesmo paraguas da educación social, tradicións profesionais diferentes (animación sociocultural, educación de adultos, educación especializada). Te xeito que no momento presente, se ben a formación de animadores non pode discorrer no noso país pola porta grande dun curriculo autónomo de Diplomatura, si que alomenos na práctica pode beneficiarse de todalas vantaxes e particularidades do mesmo, gracias a unha oportuna maniobra académica. Todo isto ata que a Animación lle chegue o momento de emancipación profesional definitiva" (Quintana, 1993: 194).

 

 


                                                                                               

Sen embargo, o ámbito profesional da Animación Sociocultural e a Pedagoxía do Ocio non entra únicamente no ensino reglado a través da Universidade, senon que no ensino non universitario, tamén se creou o módulo profesional de nivel III de Actividades Socioculturais, que da acceso Ó Título Oficial de Técnico en Actividades Socioculturais (TASOC). Enmarcaríase, polo tanto, na nova formación profesional, con grado de Técnico Profesional Superior, constituíndose como o primeiro título oficial específico que aparece en España.

 

Xunto a estes títulos oficiais, a formación do animador convive na actualidade con outros títulos e cursos xa existentes, fóra do sistema reglado. Se as titulacións oficiais referidas tiñan un alcance estatal situarémonos agora no ámbito autonómico. É sobre todo a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a que ten a maior relación con este tema que nos ocupa, especialmente no que respecta á animación xuvenil e tempo libre, lexislando e recoñecendo centros e escolas de animación e tempo libre, así como os diplomas de directores e monitores de tempo libre que estas institucións extenden.

 

Tamén esta mesma Consellería, para o deseño da Formación Profesional Ocupacional, dentro do Plan F.I.P., imparte especialidades formativas relacionadas con este ámbito: animador sociocultural (300 horas), monitor sociocultural (300 horas)... Asimesmo, esta formación pode ter outras orixes, que van desde as Escolas Taller, Centros de Educación de Adultos, Asociacións, ou. a propia Escola Galega de Administración Pública, que oferta cursos sobre o exercicio da Animación, como por exemplo: "Animación sociocultural en centros residenciais".

 

 

Esta diversidade de oferta formativa na práctica prantexa algúns dilemas, que deben

abordar a Administración, os Colexios Profesionais, as Institucións Formadoras e os profesionais, procurando enlazar o modelo de formación que se acorde coa conseguinte regulación do mercado laboral. Os dilemas derivan da ausencia na actualidade dun modelo formativo global, que estructure e busque correspondencias entre as distintas modalidades de formación referidas. Por exemplo,

 

• ¿Cal e o papel das institucións dirixidas a formación non reglada - particularmente as Escolas de Tempo Libre de amplia traxectoria - unha vez introducida a formación nos niveis académicos reglados?

 

 •¿Como entender que os TASOC e os educadores sociais, según a normativa vixente na nosa comunidade, non poden exercer certas actuacións que a le¡ restrínxe ó monitor e director de tempo libre, respectivamente? Ó referirse as Actividades Ó aire libre establécese no Decreto: Todalas actividades reguladas neste título, estarán dirixidas por persoal técnico coa titulación conveniente establecida polo título III" - Escolas de Tempo Libre -. (Artigo 47. l. do Decreto 50/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude. DOG, 10 de marzo de 2000).

 

• ¿Existen diferencias no noso contexto en canto a entidades formativas dirixidas a formación inicial e a formación continua? ¿E entre a formación dirixida a profesionales e a voluntarios?

 

• ¿Cales son as posibilidades laborais de aqueles que optan por un curso dentro do,plan FIP, tratándose dunha formación pretendídamente ocupacional?

 

A resposta a estas cuestións que acabamos de prantexar non é fácil, e non está só en mans da Universidade como entidade formadora dos Diplomados e Licenciados. Podemos apuntar algunhas lineas de debate

que poden ir achegándonos a este necesario modelo formativo.

 

 

 


                                                                                                  

 

En primeiro lugar, sería conveniente comenzar a lexislar noutra dirección no que se refire á formación de profesionais da intervención no tempo libre. Sen dúbida que os que desempeñen funcións de educadores deben sair das aulas universitarias, compartindo os labores de impartición de obradoiros, realización de actividades, cuidado dos participantes nas horas nocturnas ou nos espacios libres intermedios, para persoal con outra formación, acompañados se é o caso por colaboradores voluntarios. Polo tanto a Universidade forma ós educadores, os Centros de Medias, ós animadores, mentres as Escolas de Tempo Libre e outras entidades de iniciativa social poden impartir formación diversa segundo as demandas do momento, que poden contar cun diploma que lle recoñeza certas habilidades para participar na realización de actividades de tempo libre, dun xeito remunerado ou con carácter voluntario. Asimesmo cando a súa traxectoria e a experiencia o permitan, poden conveniar coa Universidade e con outras entidades públicas a participación na formación continua dos titulados superiores.

 

Deste xeito a formación inicial, básica, quedaría reservada ás institucións que imparten formación reglada -TASOC e Educador Social - así como á formación ocupacional, dándolle un claro compoñente profesionahzador. As entidades privadas e de iniciativa social realizarían unha formación básica, así como a formación inicial daquelas persoas que se comprometen co voluntariado. 0 recoñecemento desta actividade no ensino superior pode facerse mediante validación de créditos de libre elección, a sinatura de convenios para mellorar a formación práctica do alumnado, ou mediante a organización conxunta de actividades culturais e de investigación multidisciplinares dunha determinada realidade, nas que se impliquen investigadores universitarios, persoal con experiencia práctica e estudiantes das diplomaturas e

licenciaturas

 

Por outra parte, a formación continua, tanto para o voluntariado como para os profesionais, pode implicar igualmente á Universidade, - a través de postgraos, masters, cursos de doutoramento e outros cursos - , así como as instancias non académicas mais sensibles e abertas ás necesidades cambiantes. Unha e outra información debidamente certificada debe ter o recoñecemento por parte da dependencia correspondente do goberno galego.

 

Outra cuestión importante a resolver son as diferencias e conexións entre TASOC e Educador Social. Só algúns nexos quedan recollidos no RD 2050/1995, de 22 de decembro, que establece o título de TASOC e as correspondentes ensinanzas mínimas. A primeira conexión entre estes técnicos e os Diplomados en Educación Social, maniféstase 6 establecer as equivalencias, a efectos de docencia, do títulado en Educación Social nas especialidades de Intervención Sociocomunitaria e Formación e Orientación Laboral. Un segundo nexo contémplase 6 establecer o acceso a estudios universitarios dos que obteñan o título de Técnico Superior en ASC; entreles recóllese a Diplomatura en Educación Social como posible. Por último, outra interconexión, mais conectada co mundo laboral, queda recollida ó definir que Heste técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de Licenciados ou Diplornados" -entendemos que serán Licenciados en Pedagoxía e outras Ciencias Sociais, ou Diplomados en Educación Social. Aplicando os niveis formativos establecidos para a Comunidade Europea, (Ventosa, 1997) segundo a decisión conocida como correspondencia de cualificacións profesionais", a Animación Sociocultural quedaría do seguinte xeito: Nivel I (auxiliares e voluntarios); nivel II (monitores e técnicos); nivel III (técnicos superiores); nivel IV (diplomados universitarios) e nivel V (licenciados e postgraos).

 

 

 


                                                                                

 

A definición de perfís profesionais e das necesidades formativas correspondentes son, polo tanto, dúas cuestión que deben ir moi relacionadas. 0 curriculum dos tres niveis - Licenciado en Pedagoxía, Educador  Social e TASOC - deben pensarse en conxunto, para evitar repeticións innecesarias, e

organizar debidamente o paso dunha titulación a outra. En lineas xerais, os TASOC contarán cunha formación ampla teórica e práctica nesta área específica que abrangue o seu título: a  animación Sociocultural; os Diplomados teñen unha formación teórica multidisciplinar nos campos da Pedagoxía, a Psicoloxía, ou a Socioloxía, e unha formación técnica e práctica en ámbitos concretos de

actuación, que pode ser tamén diversos en  función das institucións elexidas en cada ano de formación pero, en todo caso, unha  formación configuradora dun perfil de educador con todo o que implica o concepto amplio de educación (mais ampliamente abordamos este tema en Cid; Dapía; Fernández, 2000); os Licenciados contan cun  nivel maior de profundización nas áreas psico-socio-pedagóxicas, cun ingrediente importante de metodoloxías de investigación da realidade socioeducativa, e en procedementos de deseño, implementación e avaliación de políticas educativas e sociais.

 

En correspondencia coa formación, deseñarase o perfil profesional de cada titulado. De feito, noutras profesións mais consolidadas (como as relacionadas coa saúde nas que aparece claramente diferenciada a labor dos auxiliares, diplomados en enfermería e médicos) a estructuración dos distintos niveis formativos ten unha correspondencia cos distintos niveis profesionais; en cambio na Animación Sociocultural esta diferenciación ainda non tén unha resposta inmediata no mercado de traballo. Non se estableceu unha correspondencia entre a titulación específica para o desempeño dos distintos niveis profesionais. Tampouco está moi claro, que nestas situacións a fragmentación excesiva dos postos de traballo axude á profesionalización, xa que ademais ainda pode estar en debate a nova confluencia nun título único moi sólido.

 

Para cada perfil profesional, e en cada ámbito específico no que exerza a súa actividade, a formación básica completarase con programas de formación permanente, que tendan non só á mellora da práctica profesional, senon tamén a posibilitar a promoción na estructura de postos de traballo públicos. Na formación permanente, ademais das características que se establezan para os profesionais con experiencia, que agora están a homologar o título, convén ter en conta os diferentes tipos de formación con requerimentos tamén diferentes para o acceso á mesma. Mentres os Licenciados poden acceder a Mestrados e Doutoramentos, os Diplomados contan con Cursos de especialízación e Postgraos. No deseño destes pode establecerse cando van destinados a Técnicos Superiores e a persoas con experiencia. Noutro nivel poden situarse cursiños de distinta duración e grau de especialización dirixidos a profesionais, segundo as súas funcións e necesidades formativas, así como a demandantes do primeiro emprego.

 

Como profesións pouco consilídadas, ainda que con certa historia en algún dos campos, o esforzo das institucións formadoras e 0 labor de coordenación entre Administración, Colexio Profesional, Sindicatos, Asociacións e Universidades va¡ ser determinante na futuro profesional duns e outros. Coincidimos con Sáez (1996:18) cando afirma que en realidade "a práctica dos educadores sociais dependerá en gran medida das políticas sociais que favorezan un mercado laboral posible para elo, pero tamén da formación recibida : unha formación que , sexa no tempo, sexa no espacio, pode impulsar a profesion  alización ou a desprofesionalización dos educadores sociais" (o subliñado é noso). Así a formación -val permitir, ou mellor dito, va¡ colaborar no proceso de profesionalización, xa que na nosa sociedade o recoñecemento social e económico dunha profesión va¡ xeralmente acompañado ou esixe o recoñecemento académico.

 

 

 


                                                                                     

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Cid, X. M.; Dapía, M.; Fernández, R. (2000): "Niveles de formación de los profesionales de la animación sociocultural en Galicia: de las escuelas de tiempo libre a la formación universitaria en Caride, J. A. (coord): Educación social y políticas culturales. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. --

 

Decreto 50/2000, de 7 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG do 10 de marzo de 2000).

 

Le¡ 1/2001, do 22 de xaneiro, de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia (DOG do 1 de febreiro de 2001).

 

Real Decreto 2058/1995, de 22 de decembro, por el que se establece el título de Técnico Superior de Animación Sociocultural y las correspondientes enseñanzas mínimas (BOE, de 21 de febrero de 1996).

 

Quintana, J. Ma (1993): Los ámbitos profesionales de la animación. Madrid: Narcea.

 

Sáez, J. (1996): "La profesionalización de los educadores sociales: algunas consideraciones introductorias" en López Herrerías, J. A. (coord): El educador social. Líneas de formación y actuación. Madrid: Mirecki, pp 11-21.

 

Ventosa, VJ. (coord) (1997): Modelos de formación de animadores socíoculturales en el marco de la Europa comunitaria. Salamanca: Universidade Pontificia Junta de Castilla y León.

 

 

     

 

 

          

 

 

 

 

 

Xosé  Manuel Cid Fernández

Maria D. Dapía Conde

Profesores da Universidade de  Vigo

(Campus de Ourense

 

 

 


 

 

A prevención non específica non tivo ata o de agora máis que un impacto mediocre entre a comunidade xitana, por diversas razóns: a desconfianza dos seus membros cara as mensaxes enviadas pola sociedade dominante, o tabú que rodea a estas cuestións e o importante analfabetismo funcional, que fan inútil todo intento de prevención baseado nun medio escrito.

 

Para que unha acción de prevención sexa eficaz, parece

primordial ter en conta estas peculiaridades co fin de elaborar

un modelo de intervención no que as mensaxes de prevención

estean elaboradas polos/as propios/as xitanos/as, de xeito

que o seu contido se adapte o mellor posible á súa forma de

pensar, o que facilitará a súa difusión.

 

 

É por iso polo que nace o "Kamelamos Guinar" (Queremos Contar), programa para nenos/as e mozos/as xitanos/as en situación de risco. Ten como obxectivo, diminui-la incidencia do VIH e a drogadicción a través dunha intervención que utiliza como instrumentos

 

a dramatización e a música flamenca (elementos atractivos para os/as nenos/as xitanos/as) positivizando os contextos de diversión nos que poden ter comunicación, diálogo, relación,... é dicir, sentirse a gusto.

 

UN POUCO DE HISTORIA

 

0 programa Kamelamos Guinar nace na UMAD do Concello de Santiago no ano 1999. A través do teatro de títeres e a música flamenca os/as nenos/as xitanos/as crean unha obra de teatro ambientada nun mercadillo. A través dos postos e dos productos en venta tratan diferentes temáticas: drogas, SIDA, alimentación, identidade cultural,...

 

A raíz deste espectáculo, o ano seguinte editouse un material didáctico (vídeo e unidade didáctica) para achegar esta experiencia a outros grupos.

 

Na actualidade, optase por unha maior diversificación das actividades e a participación e integración nas iniciativas comunitarias.

 

 

 

 


            

 

 

 

POBOACIÓN A QUE VAI DESTINADO

 

A situación dos/as menores xitanos/as en relación cos procesos educativos formais, de escolarización e de incorporación social, é a propia dos grupos en desventaxa social, sumando a actitude da poboación xitana cara a escola, á que consideran allea e alonxada dos intereses e valores xitanos, xa que entre outras cousas retrasa a incorporación do/a xove xitano/a nos roles de adulto/a.

 

Esta situación xeral tamén se adapta ó noso grupo concreto que se caracteriza por:

 

• Desescolarización e absentismo escolar.

 • En relación ó rendemento escolar un alto porcentaxe presenta dificultades e atópase por debaixo da media dos/as seus compañeiros/as.

 • Baixa implicación da familia no proceso educativo, en xeral manteñen a distancia co centro escolar.

 • Importantes déficits en recursos e habilidades sociais: baixo control emocional, agresividade, ...

 • Problemática de drogas na familia nuclear.

 

 OBXECTIVO XERAL

 Diminuir a incidencia do problema do VIH e a drogadicción na comunidade xitana.

 

        

OBXECTIVOS ESPECíFICOS

 

• Previr conductas de risco

 

• Realizar un traballo preventivo paralelo a unha proposta de tempo de lecer.

 

• Incrementar a autoestima dos nenos e nenas xitanos/as.

 

• Aprender a través do programa a importancia do grupo de pares e do traballo en equipo.

 

•"Utilizar” as cualidades dos/as nenos/as para construir "algo positivo".

 

• Escoitar e orientar as demandas dos/as nenos/as.

 

•Dinamizar o traballo de integración e coordenación co barrio.

 

METODOLOXíA

 

As actividades plantéxanse a modo de obradoiros, utilizando unha metodoloxía dinámica , participativa e flexible, que permite a incorporación de novos contidos e actividades segundo a problemática que xurda no grupo ou as demandas do mesmo.

  

ACTIVIDADES

 

Na actualidade as actividades que se están a desenvolver son:

 

Obradoiro de Música.

 

É un dos que acada máis éxito entre os/as rapaces/as e que serviu nun primeiro momento de "anzuelo" cara a outras actividades.

 

Obradoiro de Cíber.

 

Trátase dunha nova experiencia a través da cal os/as nenos/as nos amosan as páxinas web ás que normalmente acceden e nos á vez amosámoslles alternativas de ocio dentro da rede (xogos educativos, música, información sobre a súa cultura, ... )        

 

Obradoiro de Expresión Plástica.

 

Unha nova forma de expresión para aqueles/as que non se integraron no obradoiro de música e/ou teatro, xa que non é necesaria tanta continuidade para acadar resultados.

 

Biblioteca e ludoteca.

 

Nos momentos libres entre os distintos obradoiros poden acceder a unha pequena biblioteca e ludoteca.

 

CONCLUSIÓNS

 

Cando se está a realizar unha intervención con calquera poboación é de suma importancia a "continuidade" do/a educador/a. Pero cando estamos a falar da comunidade xitana este feito cobra máis interese, xa que non ven unha entidade ou centro senón persoas, que serán o seu "referente" no transcurso do programa.

 

Cando dentro do noso contexto falamos de prevención, referímonos a dotar a estes nenos/as de ferramentas para saber escoller, e mostrar posibles opcións.

 

 


 

 

Pero non podemos caer no risco de facelo dende unha visión "paya", xa que pode entrar en contradicción co xeíto de pensar e actuar da comunidade xitana. Senón que temos que colocarnos no seu propio contexto e entender que teñen outras referencias e crenzas.

 

A consecución de obxectivos nos programas de prevención non é inmediata, pero coido que cando estamos a falar da poboación xitana o proceso dilátase máis no tempo. Xa que por unha parte e moi difícil acadar unha asistencia continua, e por outra, podería crear conflicto en canto á temática, polo que ha¡ que facelo de forma sutil e lenta.

 

Este aspecto tamén se pode considerar como positivo, xa que todo aquelo que crea polémica leva a unha reflexión e ó cuestionamento a nivel social das problemáticas tratadas. Rematar dicindo que as actitudes positivas cara a outras culturas necesitan moita práctica, e só se poden acadar mantendo o contacto con elas.

 

Mantendo este contacto e reflexionando posteriormente podemos aprender moito unhas de outras.

 

 

 

Aury Ferreiro Carballo

Educadora Social

 

 

 


 

 


 


        

 

 

Dende Catalunya...

 

Dende Catalunya felicitamos, por tanto, o traballo realizado polo colectivo de educadoras e educadores sociais de Galicia que traballaron duramente para conseguir este fito. Tamén recoñecemos a responsabilidade e a vontade dos responsables políticos que impulsaron a Le¡ de creación do CESG, de todos os grupos parlamentarios do Parlamento galego, así como a todos aqueles que, dunha ou outra maneira, colaboraron e apoiaron o proceso.

 

Na nosa curta experiencia como Col-legi (a Le¡ de creación do Col-legi de Catalunya data de novembro de 1996 e a primeira Xunta de Goberno de xuño de 1999), puidemos observar como a presencia social dos educadores sociais e, por extensión, da educación social aumentou notablemente, non sempre o que desexaríamos, a partir do traballo que realizamos os colexios coa Administración, as entidades contratantes, os sindicatos e as entidades formativas, principalmente.

 

Dende o Col-legí d'Educadores i Educadors Socials de Catalunya (CEESC), cremos que a importancia dos colexios profesionais non debe basearse unicamente na defensa corporativa do colectivo profesional, senón que debe dar resposta á construcción da profesión y á proposta social respecto ás necesidades da poboación, en xeral. Estes tres pilares: profesión, profesional, persoa, son os que sustentan a nosa existencia e os que debemos defender no noso discurso social.

 

 

En pro da profesión.

 

Tamén cremos que unha profesión, neste caso educación social, no seu proceso de maduración debe pasar por diversos momentos de normalización: o recoñecemento formativo (manifestado coa creación da diplomatura universitaria), a regulación profesional (manifestada coa creación de colexios profesionais) e a regulación laboral acorde co encargo profesional que cubren as e os educadores sociais (manifestada coa creación de corpos profesionais na Administración e a elaboración de convenios marco propios para outras entidades contratantes). Estes tres aspectos son os que históricamente traballou o colectivo profesional a escala estatal e que, a escala autonómica, están en vías de conseguir.

 

Neste momento de construcción é fundamental a participación activa de todos e todas vós, apostando por este novo instrumento da educación social galega, cos obxectivos de que o CESG sexa un referente claro das diversas sensibilidades das e dos educadores sociais e sexa un referente social da educación social en Galicia.

 

Finalmente, nos gustaría manifestar que os primeiros contactos cos responsables do CESG foron plenamente satisfactorios, que se formalizaron un convenio de colaboración marco e un convenio concreto sobre colexiación entre as dúas entidades e que, nun futuro non lonxano, seguiremos una liña clara de colaboración mutua.

 

Felicidades a todas e todos pola labor realizada.

 

Rafael López Zaguirre

Presidente do CEESC

 


 

0 Parlamento de Galicia aprobou o 29 de xuño de 2001 a Lei de colexios profesionais da comunidade autónoma de Galicia.

 

A lei está a resultar polémica pola regulación da colexiación obrigada para os/as profesionais que traballen para a Administración. 0 artigo da discordia é o número 3, o cal baixo o epígrafe Profesionais ó servicio da Administración" establece:

 

''Os profesionais titulados vinculados coa administración pública mediante relación de servicios de carácter administrativo ou laboral non precisaran estar colexiados para o exercicio de funcíóns puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración a que pertenzan, cando o destínatario inmediato daquelas sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.''

 

Esta regulación suscitaba dúbidas e polo mesmo, diversos colexios profesionais entre eles o CESG, solicitaron un informe aclaratorio da Administración ademáis dos seus propios servicios xurídicos.

 

Ámbolos dous informes conclúen que, para establecer se un/unha funcionario/a ou persoal laboral ó servicio da Administración debe colexiarse ou non, debemos atender as súas funcións e a quen sexa o/a destinatario/a inmediato dos servicios, polo mesmo, no campo dos educadores e educadoras

sociais, a colexiación virá practica mente sempre como obrigada, en tanto en canto os traballos que se realizan teñen como destincitarios/as, ás persoas usuarias dos servicios implantados pola Administración.

En tódalas intervencións sociais que se fan, os informes, as actuacións en

familias... etc, existe un destinatario inmediato que son as persoas ás que tratamos e as que va¡ dirixido o traballo, polo mesmo, a LeI de colexios profesionais da comunidade autónoma de Galicia, non varía en nada a práctica existente, onde todos e tódalas profesionais da educación social, que presten servicios na Comunidade Autónoma de Galicia, tanto por conta da Administración, de empresas privadas ou por conta propia, deberán obrigatoriamente estar colexiados/as no CESG.

 


 

 

Esta sección tentará recoller información sobre: cursos a realizar, congresos, seminarios, campañas, libros novos que saen a venda relacionados cos distintos ámbitos da Educación Social, páxinas web interesantes, etc...

 

Por este motivo, anímámosvos a participar mandando 6 CESG información que teñades da vosa man e que sexa interesante dar a coñecer.

 

A continuación ofrecémosvos unha selección de libros actualizada:

Romans,M. e Viladot,G.: "La educación de las

personas adultas" Cómo optimizar la práctica.

 Colecc. Papeles de Pedagogía, Paidós (1998).

 

-Lomas,Carlos (comp.): ¿Iguales o Diferentes?.

 Colecc. "Educador" Paidós (1999).

 

-Güell,M. e Muñoz Redon,J.: ''Desconócete

 a ti mismo"  Programas de alfabetización

emocional. Colecc.Papeles de Pedagogía,

Paidós (1999).

 

 

-Ferrés Prats,J.: "Educar en una cultura del

espectáculo". Colecc. Papeles de Pedagogía,

Paidós (2000).

 

-Romans,M./Petrus,A./Trilla,J.: ''De profesión:

 Educador (a) Social" Colecc.Papeles de Pedagogía,

Paidós (2000).

 

-Gervilla Castillo,A.: "Familia y sociedad, menores en situación de riesgo". Ed.Dykinson,S.L.(2001).

 

-Llul Peñalba,J.: "Téoría y práctica de la educación en el tiempo libre". Editorial CCS (2001).

 

-Pérez Serrano, G. (coord.): 'Modelos de investigación cualitativa en educación social y animación socioculturaP.Colecc.Narcea Socíocultural; Narcea,S.A.(2001)

 

 


 

 

CICLO DE FORMACIÓN DO CESG

 

A creación dos Colexios de Educadoras e Educadores Sociais supón un paso definitivo no recoñecemento da nosa profesión.

 

É certo que a figura da educadora e do educador parece máis consolidada na nosa sociedade. Tamén é certo, que estamos a traballar nunha sociedade que xera contínuas necesidades para as que non sempre atopamos resposta.

 

É a nosa unha labor diversa, activa e cambiante, que esixe unha formación continuada e de calidade.

 

A formación continuada, e vinculada á práctica diaria para garantir a mellora das intervencións, é unha das teimas que máis preocupa ó Colexio

 

 

As datas e programas son aínda provisionais. 0 Colexio confirmará, coa debida antelación, as datas definitivas, así como todos os temas que sexan de interese. No presente ano están previstos os seguintes cursos :

 

A EDUCACIÓN NO OCIO E 0 TEMPO LIBRE (a desenvolver os días 1, 2 e 3 e MARZO en OURENSE)

 

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE (a desenvolver os días 5,6 e 7 de ABRIL en SANTIAGO)

 

TRABALLO EN E CON GRUPOS (a desenvolver os días 27,28 e 29 de ABRIL en VIGO)

 

CONFLICTO E CONVIVENCIA (a desenvolver os días 24 e 25 e MAIO na CORUÑA)