|
15702 Santiago de Compostela (A Coruña) @secretaria-tecnica@colexioeducadores.com CESG non se fai responsable, nen ten porqué identificarse necesariamente coas opinións expresadas nesta publicación. Prohibida a reproducción total ou parcial Desta publicación. Fotografías protexidas Pola lei de protección intelectual Edita: Colexio de Educadores Sociais de Galicia Equipo
de elaboración ANA PAZ RODRÍGUEZ MERCEDES SÁNCHEZ
ROMERO Ilustración portada CALINA LAVANDEIRA Ilustración Interior ÁNXELA PAZ RODRÍGUEZ Deseño e preimpresión CORMORAN Produccións
Gráficas
Galeduso nº 1 Editorial Investigación Práctica
Profesional A debate De actualidade O Cesg Informa Barco de Papel Buzón opinable |
![]() |
|
| Acadamos, por fin, un Colexio Profesional. Un instrumento
que pode ser moi útil ante os moitos retos que ten hoxe en día a nosa
profesión: formación, clarificación dos campos de traballo, ofertas de
emprego e, en definitiva, a promoción da Educación Social. A
todo isto ten que tentar dar resposta, na medida das súas posibilidades, o
Colexio. Nesta dirección, a Xunta Xestora está a levar a cabo as
funcións que lle encomenda a Lei, a habilitación galega e do resto do
Estado, a elaboración de Estatutos Definitivos e a Preparación da Asemblea
Constituínte. Ademáis estámonos dotando da imprescindible infraestructura e
presentando o Colexio ós medios e ás universidades. Paralelamente a isto estase, tamén, comezando o traballo en
varias frontes a través das seguintes vocalías : •
Vocalía de Formación ( preparación e desenvolvemento do primeiro
ciclo de formación ) •
Vocalía de Congreso ( preparación do IV Congreso Estatal, a celebrar
en Galicia no 2004 ) •
Vocalía de Servicios ós/ás Colexiados/as ( asesoría xurídica, páxina
web, bolsa de emprego, ...) •
Vocalía de Actos Institucionais ( presentación do Colexio, xornada
de empresas de iniciativa social..) •
Vocalía de Ofertas de Emprego ( recursos a oposicións, traballo coas
administracións..) •
Vocalía de Información ( elaboración da revista, comunicacións ...) Complementariamente, vimos de crear grupos de traballo para
facer chegar ás administracións propostas que xurdan desde a realidade da
nosa experiencia. Temos convocado, ademáis, xuntanzas específicas para
traballar problemas urxentes ( como a situación dos centros de menores e
outros ), aínda que a realidade e que a participación de colexiados/as
nestas iniciativas ven sendo moi escasa. Nembargantes, no CESG apostamos
por que sexan os/as educadores/as que están implicados/as nun
determinado campo de actuación os/as protagonistas das propostas do
Colexio, sendo elas e eles quen marquen as pautas que se deben levar en
cada campo. Os/as educadores/as temos moito que dicir e podemos facer
que a nosa voz teña cada vez máis peso. Para poder mellorar a nosa
situación e solucionar problemas temos que expoñer estudios serios das
problemáticas e solucións ás mesmas. Para isto temos o Colexio. Non é a meta definitiva, é
simplemente un vehículo, tal vez aínda pequeno e con pouca repercusión ante
as administracións e nos medios, pero, indubidablemente, un instrumento que
podemos facer cada vez máis útil e necesario. Dunha vez por todas temos que liberarnos do noso
tradicional victimismo e participar dun xeito activo na mellora da nosa
profesión. Deixar de pensar no que fan os e as demáis polos nosos
problemas e pensar de qué xeito podemos implicarnos todos/as na mellora da
situación. Por suposto, iso leva consigo protestar, esixir, pero tamén
colaborar nas iniciativas que se emprendan. As colexiadas e os colexiados son, en definitiva,
protagonistas do Colexio e as/os que teñen que informar das prioridades
ás/ós que, provisionalmente, estamos na dirección; participando na vida
colexial e fixando as liñas de actuación e os intereses prioritarios. Na Xunta Xestora sabemos e comprobamos as dificultades de
traballo cun grupo tan heteroxéneo, tanto nos campos de actuación como na
situación profesional dos nosos e das nosas profesionais , pero, sen
embargo, cremos que iso é enriquecedor para o noso colectivo e as
dificultades son solucionables co esforzo de todos/as. Este non pode ser, en fin, o Colexio dun pequeno grupo a
quen, diferentes circunstancias, puxeron nos cargos directivos, e que teñen
que levar a xestión do día a día, nin o Colexio dos/as técnicos/as que nel
traballan. É o Organismo dos/as educadores/ as galegos/as, e deles/as
depende que sexa un mero órgano burocrático ou, ó contrario, sexa unha Entidade
Viva, preocupada polo futuro dos/as nosos/as profesionais e da nosa
profesión; que interveña dun xeito activo nos problemas que temos, na
formación de novos/as profesionais, que propoña ás distintas
administracións e organismos cambios que melloren
a realidade social. Estes obxectivos só se poden acadar coa implicación de
todos os educadores e educadoras da nosa Comunidade, educadores/ as que
crean na súa profesión, que entendan o Colexio como algo seu; un lugar, en
definitiva, coas portas abertas. Aquí temos todos/as un novo instrumento, que levábamos
moito tempo reclamando. Entremos e fagamos del o noso Colexio o COLEXIO DE
EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA. PORTAS
ABERTAS Alberto Fernández de
Sanmamed Santos |
|

|
As leis
acostuman a ser pensadas pola mayor parte da poboación como necesarias e polo
tanto xustas; exactas , logo desinteresadas;
libres de valores e por ende políticamente neutrais. Este senso común leva a
que a análise da sua esencia, no senso de cuestionarse a quen benefician,
baixo que ideoloxía se arroupan ou a que intereses responden, parece non
someterse a discusión o que implica negarlles, dalgunna maneira, o seu
carácter político. Tendo como referente a Lei de Responsabilidade Penal de
Menores 1 , propóñome someter a análise a chispa xa histórica que se
produce ó entrar en contacto o penal co educativo no ámbito da xustiza
xuvenil. |
Vou achegarme con curiosidade á natureza formalmente
penal pero materialmente sancionadora-educativa do documento porque me
sorprende que como garante do seu prantexamento ético, se parta dunha especie
de pacto de consenso que defende a necesidade de ter que esixir
responsabilidade penal ás e ós "menores" maiores de 14 anos, cando
esta é só unha das diversas opcións pensables; e quero ademáis retomar a
énfase no carácter educativo do proceso e das medidas a aplicar, para ver os
posibles efectos discriminatorios se non hai un compromiso político que
garante unha educación caracterizada por principios democráticos. |
|
A
Vocación educativa do aparato xudicialxuvenil A breve
andadura da historia da xustiza de menores pon de relievo que, as
institucións de menores, na forma que existen hoxe, fan a súa primeira e
tímida aparición no mesmo século en que en Europa comeza a afirmarse o capitalismo
que provoca unha profunda reorganización da sociedade en tanto que é no
contexto deste novo orde social emerxente que se inventan e impoñen novos
significados á infancia, se redefinen as categorías espacio-temporais, e
tamén, se sépara a educación da violencia convertíndoa, en nome da protección
e a civilización, en instrumento imprescindible de control e moralización
social 3 . En palabras
de Donzelot 4 , nace cando se
fixo evidente que o sistema penal era inaxeitado para conter o fluxo considerable de
todos eses menores "irregulares" que se introducen no intesticio
entre o vello orde familiar e o novo orde escolar. Educación baixo
mandato xudicial foi a solución . En nome da filantropía,
emerxía así un dereito especial para nenos, baixo un proteccionismo educativo que extendía a reciente
intervención do poder público ó ámbito do privado coa xustificación de que a
infancia non debía ser castigada con penas represivas senón sometida a
medidas terapéuticas ou tratamentos educativos aínda que fose necesario
someter tamén a intervención á súa familia ou mesmo ser separada da mesma. É neste
sentido que a sustitución do xudicial polo educativo, pode tamén lerse como
extensión do xudicial en canto que se reunen baixo a prevención as
actividades antigamente separadas da asistencia e represión 5, de xeito que o Tribunal de Menores non decide só
sobre os delitos, cerca esta infancia para logo observarla e poder
clasificala. Menores
significados como delincuentes xuvenís 6 Empezamos
este século imbuidos pola sensación de formar parte dun tempo de pánico
moral que provoca unha |
gran inseguridade cidadá e que parece apuntar como protagonistas a certo
tipo de xoves: masculinos, urbanos, violentos que invaden os medios de
comunicación o que provoca un sentido común que parece demandarlle ás
administracións unha maior intervención con carácter sancionador que garanta
unha maneira determinada de entender o orden social. Pero ¿quen son estes
xoves?,¿ como cegaron a esa situación?. Son estes xoves excelentes
representantes do que Castel denomina esa filiación, no senso de que son un poco de todo, a súa
existencia atravesa interrogante tódalas institucións sociais desmintindo as
súas pretendidas garantías constitucionais. Son xoves que, como o resto,
están imbuidos por una sociedade de consumo que utiliza como contraseña de
integración o contar coa posibilidade de adquirir certos productos, ata o
punto de valorar a identidade a través do resultado dun baremo que é aplicado
sobre os atributos socioculturais que conforman a apariencia. Conseguir esta
imaxe prefabricada, e máis que aparentar, significa que se lles otorgue un lugar
social 7 cun determinado
valor. Saben que a súa imaxe non está ben vista, que ese baremo a puntua en negativo. A outra, a que ten valor de utilidade social, quédalles lonxe, incluso mercando nas grandes superficies onde pasan tanto tempo. As "pintas " delátaos, porque ademáis da roupa, levan complementos definitivos: xestos, actitudes, tonos de voz; en definitiva hábitos que descubren unha determinada sociabilidade que os alonxa da media, do etiquetado como integrado, que é á vez, froito do tantas veces exitoso. O perfil de personalidade recollido nos sus expedientes refire
motivacións, actitudes e incluso estilos de vida que reflicten, ben a súa
ausencia, ben omnipresencia das habilidades sociaies consideradas necesarias
para ser unha persoa educada. Contan ademáis cun perfil social que os
descalifica: baixo nivel económico, falta de capital sociocultural, habitat
estigmatizado |

|
As súas familias
comparten situacións de vulnerabilidade social que conxuga a precariedade do
emprego coa fraxilidade dos soportes de proximidade 8 . As que teñen traballo e polo tanto un nivel de
ingresos asegurado acostuman a ter unha relación laboral a través de
contratos onde a precariedade e a imprevisibilidade está asegurada, impedindo
calquera proxecto a medio ou longo prazo. Aquelas que
non contan con estatuto de traballadora, son beneficiarias de prestacións
sociais, para o que han de demostrar con papeis que sufren dificultades.
Estas persoas vense na obrigación de aportar como aval necesidades e
carencias, pero como si éstas fosen froito da su ineficacia. Son familias que viven situacións
estructuralmente deficitarias que as coloca con pouca capacidade de
resistencia, pois esta correlaciona directamente cos ingresos, que son os que
posibilitan disfrutar dos outros dereitos: non creo que ninguén crea a estas
alturas que os cartos non fan a felicidade. Quero decir a relativa, a
cotidiana felicidade 9. En canto
á súa relación co Sistema educativo, obrigatorio para os menores de dezaseis
anos, soe certificar un fracaso escolar que traspasa os límites do escolar,
pois a partir do mesmo, só contan con transicións rotas 10 cara a posibilidade de desempeñar roles adultos.
Perden así a capacidade de convertir en pensables outros futuros: si no fan
nada recoñecido como válido polo social éste percíbeos como un problema. Teñen presa
por buscar traballo e empezan o seu itinerario laboral facilmente previsible:
contratos basura, relación laboral sen contrato, explotación por parte de
empresarios sen escrúpulos. A súa situación segue cronificándose polo que
cada vez se atopan máis desligados das institucións sociais, o que fai
referirse á actual estagnación do fracaso escolar 11 , polo que de endurecimiento e estancamento teñen
estas situacións ó conlevar altas posibilidades de ser identificado como
membro dos colectivos de risco de exclusión social: excluídos do mercado de
traballo primario, probablemente do secundario, descartados da formación
profesional cualificante, e candidatos a describir traxectorias sociais e
profesionais caóticas |
Paréceme acertadísimo conceptualizalos como Suxeitos fráxiles 12 , en canto que forman parte de colectivos que constitúen
a máis clara manifestación das fortes tensiónsque implica a, á vez ríxida e
flexible, lóxica social imperante na nosa era do capitalismo avanzado,
poñendo en evidencia o carácter xerárquico e autoritario dos nosos sistemas
sociais. Posibles efectos discriminatorios do sistema
xurídico actual. • A Sanción
como recurso prioritario para a Responsabilidade: A día de hoxe, o novo
governo da vulnerabilidade social, en especial do da xuventude, apoiase por
un lado nun mercado laboral descualificado e desregulado e, por outro, nun
aparato xudicial omnipresente que volve a reclamar esta vocación pedagóxica
para xustificar democráticamente as medidas deseñadas en relación co control
dunha poboación creciente: a xuventude adulta á que non se lle otorga un lugar
social, por non facer nada productivo, por non permanecer en ninguna
institución social recoñecida: nin nunha familia, nin no instituto, sin un
traballo..., e ás que se impón como única alternativa de cambio co que
puideran imaxinar un futuro, a aceptación de empregos precarios ou sancións
e, no seu caso, a adaptación ás institucións nas que están internos.
Enfatízanse as necesidades , pero non de dereitos: como a igualdade de
oportunidades para a obtención dun primeiro emprego, vivenda ou educación; senón
que pasan a ser percibidas como déficits de educación. Puidera ser este
diagnóstico clave para loitar por facer efectivo o dereito á educación, pero
ésta neste contexto é entendida exclusivamente en clave de control, de
adaptación ás diferentes institucións e disciplinaria .O modelo de teoría
educativa que parece ser pensada para esta xuventude, ten como propósito
undamental o control social, a estratexia é a sanción e o obxetivo individual
a responsabilización que se demostra mediante claros indicios de intentar o
cambio aínda que para iso teña que aceptar traballos precarios permanecer nun curso sabendo de ntemán que
non o superará. Namentras que na
educación defendida pola Lei Xeneral de Ordenación do Sistema Educativo se
consideran como finalidades xenerais de etapa: transmitir cultura, formar ás
persoas e preparar para a vida,o traballo e os estudios, en estes contextos |

|
poden ser rebaixados á mínima expresión
pois a sociedade non acostuma a esixir o cumprimento de dereitos cando se
trata desta xuventude. Compatibilizar
o ordenamiento xurídico actual coas condicións vitais dos xoves ós que se
dirixe, supón unha vontade política que, ademáis de esixir que se
responsabilicen das faltas cometidas, se esixa tamén o cumprimiento dos
dereitos que tantas veces lles son negados. •
Defensa social sobre inserción: A violencia como tema de referencia,
especialmente cando queda circunscrita á xuventude, está de actualidade. A
súa omnipresencia nos medios de comunicación contribúe a xerar a
identificación daquela coa delincuencia juvenil e dun xeito
descontextualizado e reducido a aquelas situacións máis extremas. Isto
contribúe por unha banda a xerar a opinión de que a delincuencia xuvenil
medra como unha epidemia sin control e, por outra, a definir a etioloxía da
súa xénese exclusivamente en termos de inseguridade física para o resto da
poboación, coa correspondiente demanda de esixir sanción individual á vez que
se dilúe calquera responsabilidade social en tal xénese, o que serve de aval
a posteriores decisións de actuar casi
xclusivamente con respostas de normalización, contención e castigo,
isto é, policiais e xudiciais, en lugar duna redestribución dos social que
garantira máis vivenda, máis emprego, máis servicios sanitarios, máis
educación para aquelas persoas que non disfrutan dos seus mínimos. O carácter
sancionador das medidas educativas teñen un dobre efecto: por un lado
garantizan o castigo e por outro amplian o campo do penal con circunstancias
caracterizadas pola vulnerabilidade social. Ó non contar con poder suficiente
para esixir o cumprimiento dos anteriores dereitos - recordemos que estamos
refiríndonos a menores insertos nun sistema que funciona á marxe da súa
vontade - prodúcese unha distancia |
brutal
entre quen é obxeto dunha destas medidas e o considerado polo social como
idóneo. Esta lóxica que prima o castigo contribúe a xenerar actitudes defensivas
e insolidarias ante todo o que se percibe como ameaza por unha maioría,
negando calquera posibilidade de incorporación social a estes xoves. ¿É posible pensar doutra maneira? A pesares de que non corren bos tempos para a teoría, para o
pensamento, penso que é urxente que nos deteñamos a pensar sobre os efectos
das rutinas, sobre daquilo que, como as leis, os horarios, a oferta das
actividades, mesmo as formas de relación social, consideramos dado, obvio e
polo tanto inamovible. Na parada que constitúe esta pequena reflexión me
asaltaban moitas preguntas para aquilo que se nos presenta como certeza:¿é
necesario esixir responsabilidade penal a esta xuventude? ¿esíxense coa
suficiente forza os seus dereitos sociais e económicos?; desde unha perspectiva
que garantira o estatuto de cidadanía para estas e estes menores ¿requiríase
modificar outras institucións sociais: escolares, de vivienda, sociais,
sanitarias, o dereito?. Parece urxente que tamén desde o Dereito, en canto
institución social, se tome en conta a desigualdade social da realidade en en
tanto característica básica da actual estructura social. A construcción democrática obriga a remover incansablemente do
sistema xurídico tódolos frenos discriminatorios que reforzan as
desigualdades entre os seres humanos 13 e será en función do contenido que lle otorguemos a eses principios,
que o dereito poida ser un elemento que contribúa a lexitimar as
desigualdades de clase, xénero 14 ,
etnia (por mencionar algunhas das estructuras de opresión das nosas socieda
des) ou optar por constituirse nun instrumento para o cambio social que
contribúa a construir o significado
doutra democracia. . |

|
Namentras as
leis segan recollendo só a modo de lema Combinar o educativo co punitivo e,
córrese o risco de que dito principio se convirta nunha das coartadas
naturais para xustificar a ampliación do control en nome da educación, de
xeito que a concepción e a articulación dos sistemas sancionatorios
específicos para menores queden invisibilizados baixo a retórica
educacionista. Loitar por unha maior xustiza social na xustiza de menores
quizás require que, dentro do considerado de utilidade
socioeducativa, "perdamos o tempo" sobre interrogantes como o
lanzado por Wacquant ¿Quen pode crer que penalizando a algúns centenares
de xoves se modificará o problema cuia mera mención, se insiste en rexeitar:
o afondamento nas desigualdades sociais e a xeneralización da precariedade
salarial e social como consecuencia das políticasde desregulación e da
deserción económicae urbana do Estado? 15 BIBLIOGRAFÍA
1 Lei Orgánica 5/2000, de
12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores. BOE, 13
de xaneiro de 2000 3 Julia Varela devela o
entramado social sobre o que se asenta a emerxencia dos modernos
modos de educación en Modos de educación en la
España de la contrarreforma, 1983, Madrid: La Piqueta. 4 Jacques Donzelot, La
policía de las familias, Pre-Textos, 1990. 5 Este tipo de análise
elaborao con gran profundidade Jacques Donzelot na obra citada. 6 A visión recollida
neste apartado é claramente sesgada. Non é a miña intención asegurar
que toda a xuventude en conflicto social responde ó perfil
elaborado, pero tampouco é a miña intención contruir ningún perfil. O meu
propósito é dar voz ás realidades que tantas veces compartimos
as educadoras e os educadores que traballomos no ámbito residencial. 7 Robert Castel, La
metamorfosis de la cuestión social, Buenos Aires, Paidós, 1997 8 Ibidem, p.15 9 Eduardo Haro Tecglen, El
País, 15-IX-2000 10 Paul Willis,
"Paro juvenil:Pensando lo impensable", En ENGUITA, Mariano, Marxismo y
sociología de la educación, Madrid:Akal, 1986 11 Joaquin Casal, Maribel
Garçia e Jordi Planas, "Escolarización plena y
estagnación", En Cuadernos de Pedagogía, nº 268, p.38-41. 12 Julia Varela e
Fernando Álvarez-Uría, Sujetos frágiles.Ensayos de sociología
de la desviación. Madrid: Paideia, Fondo de Cultura Económica |
13
Lorena Fries y Verónica Matus, El derecho. Trama y conjetura patriarcal.
Santiago de Chile: LOM, La Morada, 1999. 14 A
linguaxe desta lei é sexista pois no seu intento de utilizar o masculiño
como xenérico, sabendo que nunha sociedade patriarcal como o é
a nosa, o xenérico ten xénero: masculiño. Non é esta unha cuetión
baladí, pois se ben a linguaxe non serve só para nomear, senón
que xenera en sí mesma a posibilidade dunha determinada realidade,
ou ben nega o ser pensada, a linguaxe xurídica conta cun
valor simbólico ainda maior, en canto que contén as definicións, categorías
e sentidos para a súa propia interpretación. 15 Loïc
Wacquantt,Las cáreceles de la miseria, Alianza, 2000, p. 68
Ana Iglesias Galdo |

|
FUNDAMENTACIÓN A idea do proxecto xurde en Cáritas Diocesana de Lugo a partires do coñecemento das situacións de extrema necesidade, coa idea de evita-la cronificación da pobreza e a exclusión social, tentando establecer uns seguimentos pormenorizados das situacións e unha planificación do traballo a realizar co fin de establecer cauces de integración social e laboral neste colectivo. Nun
principio só se traballaba no "barrio chino", pero co paso do tempo
ampliamos á diócese, xa que temos constancia de que tanto a
problemática da prostitución como outras, que afectan máis específicamente ó
colectivo das mulleres, non se limitan só a esta zona. É un
programa dirixido á atención, información e asesoramento das mulleres que
exercen a prostitución, exercérona e/ou mulleres que se atopan en situación
de risco de caer no exercicio da mesma, así como ás súas familias. |
Encamiñámo-la acción a mellora-la calidade de vida
integral deste colectivo atendendo tódalas súas necesidades, iniciando con
cada muller e a súa familia máis cercana un proceso e desenvolvemento persoal
e colectivo, distinguindo os niveis de prevención, acompañamento e
reinserción nas fases de acollida e seguimento. O perfil das mulleres
atendidas é de mulleres e mediana idade que viven e se prostitúen no
"Barrio chino", con escasos ingresos económicos, problemas
hixiénicosanitarios, escaso nivel educativo, alcolismo, inmigración ilegal, e
en xeral, gran desorientación a nivel de recursos sociais. Trabállase tamén con mulleres que exercen a
prostitución en clubes ás aforas de Lugo, en pisos particulares, e mulleres
que abandonaron o exercicio da prostitución. A nivel preventivo as mulleres
atendidas so en ter ingresos económicos escasos e gran desarraigo familiar e
pola súa situación valoramos que poderían atoparse en risco de caer no
exercicio da prostitución como saída á súa situación. Tamén no nivel de
prevención atoparíanse as fillas das prostitutas que coñecen o ambiente e a
actividade da súa nai e que están en situación de risco. |

|
OBXECTIVOS • Obxectivo xeral: "Mellora-la
calidade de vida integral das mulleres atendendo a tódalas súas necesidades,
iniciando con cada unha delas e a súa familia un proceso e desenvolvemento
persoal e colectivo". • Obxectivos Específicos: ."Coñecer
obxectivamente a realidade das mulleres e do seu entorno familiar". .
"Establecer unha atención directa e personalizada acollendo, valorando e
apoiando o seu proceso de inserción, tendo en conta as problemáticas de
saúde, transtornos psiquiátricos, malos tratos, sobreexplotación, carencias
económicas, etc." .
" Informar, asesorar e orientar acerca de tódolos recursos ós que teñen
dereito". .
" Potencia-las capacidades e posibilidades das mulleres de cara ó seu
desenvolvemento e autonomía na vida cotiá". .
" Potenciar nelas o coñecemento do valor e a propia dignidade". ."Consolidar,
cohesionar e dotar de medios ó equipo promotor do servicio". ."Fomenta-la
coordenación con outros servicios e institucións de forma que as mulleres
reciban unha atención integral". ."Fomenta-la
participación das mulleres nas actividades que oferta a comunidade". ."Sensibilizar
á comunidade da problemática das mulleres". |
METODOLOXÍA Nos comezos do Programa, estableceuse como primeira fase
do plan de traballo o coñecemento do medio onde estas mulleres realizaban a
súa actividade. Obtidos uns primeiros coñecementos nos comezos do
Programa(1995), pensamos que é preciso manter sempre aberta esta fase para
profundizar nas características da poboación e nas condicións do medio no que
realizan a súa vida cotiá, polo cal mantemos unha serie de accións
fundamentais neste senso como son: - visitas periódicas ó barrio
(observación do medio) -contacto directo coas mulleres no seu
propio medio, observación directa das condicións
de habitabiliade no transcurso das visitas a domicilio; adquisición e lectura
bibliográfica relacionada co mundo da prostitución e os dereitos das
mulleres. En relación directa coas mulleres realizamos diferentes actuacións: - Atención directa, na que distinguimos diferentes maneiras de intervención: . Atención puntual: ante unha demanda concreta,
información, orientación, axuda económica puntual
como medida de urxencia ata que poida recurrir a outros recursos. a)Acollida: comezo dun periodo de
coñecemento mutuo no que comezamos a estudia-la situación presentada e en
diálogo coa persoa afectada, busca común de posibilidades, recursos... b)Seguimento: previa valoración,
establecemento dun plan persoalizado no que se teñen en conta tódolos
aspectos persoais, familiares e sociais a nivel educativo, sanitario, busca
de emprego, etc. |

|
Apoio educativo: a través do Equipo de Intervención
educativa e Cáritas Diocesana e previa elaboración do equipo Psicopedagóxico
lévanse a cabo as clases de apoio educativo coas mulleres que o demandan, así
como o reforzo escolar para os seus fillos e fillas que, por diversas razóns,
sufren algún retraso escolar. Nesta
actividade, ofrécense como paso intermedio ata que estas mulleres poidan
incorporarse ós recursos normalizados xa existentes, isto acontece cando
superan a súa baixa autoestima e comezan a sentirse capaces de aprender con
outr@s. Trátase de ofrecer un apoio educativo en tres niveis diferentes: alfabetización (para as
persoas que non saben ler nin escribir ou teñen moitas dificultades), reforzo
escolar (para as persoas matriculadas nalgún centro pero que por algunha
razón teñen certo retraso); cultura xeral (cando xa teñen certo nivel
adquirido pero precisan actualizalo). .
Actividades de grupo: dirixidas
ás persoas que se atopan na fase de seguemento e abertos a outras persoas
doutros Programas de Cáritas Diocesana. Algunhas destas actividades
son:cociña, repostería, manualidades, corte e confección, coidados
xeriátricos... .Actividades
interxeneracionais: actividades
abertas a tódalas mulleres relacionadas co Programa e as súas familias, así
como a outras persoas de distintos Programas de Cáritas Diocesana ou persoas
que elas mesmas queiran convidar. Algunhas destas actividades son:
celebracións trimestrais de cumpreanos, visitas ó teatro, realización e venda
de productos típicos do Entroido, chocolatadas en Noiteboa e Noitevella... . Charlas
formativas: dirixidas ás persoas
que se atopan na fase de seguimento e abertas a outras persoas. Algunhas
destas charlas foron: Servicios de saúde; alcolismo e ludopatía: cooperativas
e autoemprego; orientación socio-laboral... Educador@s
Programa Muller |
|
|
¿CAL É A TÚA OPINIÓN SOBRE A CREACIÓN DO CESG? ¿PROS?
¿CONTRAS? -
“Mediante o Colexio conseguimos que a nosa profesión
sexa recoñecida” -
“A unión fai
a forza” -
“Faise
necesario un espacio aberto de encontro onde poder debatir sobre os distintos
ámbitos de intervención da Educación Social, intercambiar experiencias e
recursos, aportar coñecementos, facer suxerencias, etc...” -
“Por medio
dun colexio profesional faise máis presión e se consiguen cambios, aínda que
ese cambios se dean a longo prazo”. -
“É importante
ter un colexio que te respalde e asesore” -
“Se co
Colexio conseguimos regularizalas distintas situacións profesionais,
mellorando a praxe, adiante.” -
“A mayoría
dos colexios son demasiado
corporativistas” -
“Entendo que
para que un colexio funcione deben participar activamente toódolos/as
colexiados/as, demandando, recibindo pero tamén aportando. -
“A formación
é primordial pero sen información non se consigue avanzar. Creo que o colexio
é un bó medio para conseguilo” -
“Ánimo, que
Roma non se fixo en dous días” -
“Un colexio
que non atope os canles axeitados para cegar a todo o seu colectivo
profesional non é representativo.” |
Temas a debatir no vindeiro número de Galeduso OS NOVOS ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN DO/A
EDUCADOR/A SOCIAL información@colexioeducadores.com |


|
O 8 DE FEBREIRO DO 2002 pola mañán, tivo lugar o ACTO DE
PRESENTACIÓN PÚBLICO DO COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA (CESG),
na Aula de Cultura da Obra Social Caixa Galicia en Santiago de Compostela. Ó
acto asistiron ó redor de cen persoas entre educadores e educadoras sociais,
integrantes da xunta directiva da Asociación Estatal de Educadores
Sociales (ASEDES), integrantes da directiva do Col·legi
D`Educadores i Educadors Socials de Catalunya (CEESC), da
Asociación Profesional de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (AESG),
das asociacións profesionais do resto do estado (Baleares, Castela e León,
Andalucía, Madrid, Valencia), representates das universidades Galegas nas que
se imparte a Diplomatura de Educación Social, representates políticos da
Consellería de familia Promoción do Emprego , Muller e Xuventude, e da
Consellería de Asuntos Sociais, así como outros representantes de diversas
entidades e institucións galegas. O Acto tomou a seguinte estructura:
Presentación do Colexio. Mesa Redonda. Acto de Clausura *Acompañou o acto unha exposición fotográfica
denominada “Catro Olladas”, sobre os diferentes ámbitos da Educación Social. PRESENTACIÓN DO COLEXIO A mesa estivo presidida pola Excma.
Sra.. Dª Manuela López Besteiro, Conselleira de Familia e Promoción de
Emprego, Muller e Xuventude; a Excma.Sra. Dª Corina Porro Martínez
Conselleira da Consellería de Asuntos Sociais; Magco. E Excmo. Sr. D. Dario
Villanueva Prieto Rector da Universidade de Santiago de Compostela; Magco. E
Excmo. Sr. D. Domingo Docampo Amoedo, Rector da Universidade de Vigo; Excmo.
Sr. D. Alfonso Barca Lozano, Vicerector de Profesorado da Universidade de A
Coruña; Sr. D. Manuel Aguilar López Director da Obra Social da Caixa Galicia,
e o Sr. D.Alberto Fernández de Sanmamed Santos Presidente Xunta Xestora do
CESG. A primeira intervención correspondeu a
Sr. D. ALBERTO FERNÁNDEZ DE SANMAMED SANTOS EN REPRESENTACIÓN DO CESG,
quen se encargou de presentar ó resto dos/das compoñentes da mesa. Na
primeira parte destacou a súa ledicia pola consecución deste Colexio, así
como a importancia que éste ten de cara á profesión do/da Educador/a Social
na nosa terra: “Hoxe temos un logro conquerido, un Colexio con dúas
características: que sexa participativo e que, por outra banda, sexa aberto á
sociedade en xeral, a todas as administracións, ás universidades, e ás demáis
entidades; e aberto a calqueira que teña algo que dicir entorno da educación
social; e tamén, claro está, en defensa da profesión dos educadores e das
educadoras sociais” |
Posteriormente recoñeceu o
traballo realizado por todos/as os/as compañeiros/as da Asociación
Profesional de Educadores Sociais de Galicia (AESG) que levan moitos anos
traballando e loitando por acadar que o colexio profesional que se presenta sexa unha realidade; tamén
agradeceu a colaboración e apoio prestado pola Asociación Estatal de
Educadores Sociales (ASEDES) e polo Col·legi D`Educadores i Educadors Socials
de Catalunya (CEESC) O Presidente do CESG dou as
gracias ós/ás representantes políticos/as polo seu apoio á hora de aprobar a
Lei, ás universidades pola súa
colaboración, así como a outras institucións e entidades que colaboraron
neste proceso. Pero sen dúbida o agradecemento máis especial foi para todos
os educadores e educadoras sociais que a través do seu traballo cotián do día
a día, fan posible esta profesión. Para rematar pideu ós/ás profesionais e á
sociedade en xeral que lle esixamos o colexio, e que colaboremos con el. A
segunda intervención estivo a cargo de Sr. D. MANUEL AGUILAR LÓPEZ
DIRECTOR DA OBRA SOCIAL DA CAIXA GALICIA, quen felicitou ós/ás
educadores/as sociais pola consecución do colexio e agradeceu a este último
por haber escollido a Aula de Cultura da Obra Social para a inauguración
deste evento. Tamén dou as gracias por todas as colaboracións que o CESG fai
coa Obra Social da Caixa Galicia. A terceira intervención correu a
cargo das Universidades. O representante da Universidade de Vigo felicitou
pola consecución do colexio, e animou para seguir traballando por esta
profesión, así mesmo fixo fincapé en que a Universidade de Vigo ten as súas
portas abertas ó CESG. O representante da Universidade
de A Coruña, en nome do rector e do vicerrector, tamén felicitou ó CESG
e, ó igual que o anterior, destacou que a Universidade de A Coruña deixa as
súas portas abertas ó CESG para todo o que necesite dentro das súas
posibilidades. O representante da Universidade
de Santiago, expresou a importancia do colexio no regulamento dunha
profesión; falou que conta con liñas moi complexas. Asimesmo destacou a
importancia e significación da Educación Social na sociedade actual. Ofreceu
a universidade como punto de encontro, e felicita por esta iniciativa e o
esforzo realizado a todos/as os/as educadores/as sociais. Seguidamente interviu un representante
de servicios sociais en nome da Excma
Sra. Conselleira de Servicios Sociais, quen dou a noraboa o CESG; e falou
sobre o que dentro do sistema público de Servicios Sociais que está nun
proceso de reforma destaca o principio de participación, que se asenta nos
“Consellos”, que se van a constituír dentro desta consellería, como órganos
de participación e consulta, e invita ó CESG a participar nestes foros para
que os/as educadores/as sociais fagamos as nosas aportacións. |

|
En derradeiro lugar, e para finalizar
esta presentación, interviú a EXCMA. SRA.. Dª MANUELA LÓPEZ BESTEIRO
CONSELLEIRA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE, quen
felicitou a AESG pola labor feita polo recoñecemento desta profesión e pola consecución
do colexio profesional. Seguidamente falou de que se está configurando un
Colexio Profesional para dar resposta ás necesidades dos galegos e galegas e
que para ela como conselleira este acto tiña un significado moi especial
posto que representa o esforzo dun colectivo que ten encomendada unha labor
moi importante para a nosa sociedade e agrupa a un importante número de
traballadores e traballadoras da Consellería que representa. Dª Manuela falou
tamén dos Programas de Educadores/as Familiares e dos Gabinetes de
Orientación Familiar cos que conta a Consellería nestes intres. Resaltou a importancia da Educación
Social como profesión que ten que ser recoñecida pola sociedade, pola función
social básica que ésta desempeña, e que si hai unha profesión que define a
función social esta é a Educación Social porque axuda a previr e a satisfacer
as necesidades da sociedade. Fala dos perfís tan dispares que actualmente hai dentro desta
profesión igual que a súa formación, por iso a importancia do CESG para regular
os perfís, e que este é un paso adiante moi importante para a regularización
da figura dos/as educadores/as sociais. Finalmente sinala que como
responsable das políticas de familia e sociais pide a colaboración do colexio
coa súa consellería, e desexou ós/ás educadores/as sociais as súas felicitacións por esta
nova andadura. MESA REDONDA A mesa redonda estivo presidida por José
Antonio Caride Gómez, Catedrático de Pedagoxía Social da Facultade de
Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, Rafael López i Zaguirre,
presidente do CEESC (Col·legi D`Educadores i Educadors Socials de Catalunya),
Flor Hoyos Alarte Presidenta de ASEDES (Asociación estatal de Entidades da
Educación Social), Pilar Sabio Sanz, Vicepresidenta do CESG (Colexio de
Educadores Sociais de Galicia) e Soledad Hernández tesoureira do CESG que
actuou como moderadora da mesa. Soledad Hernández presentou ós/ás
membros da mesa e resaltou a importancia deste momento histórico do colexio.
Primeiramente interviu por José Antonio Caride Gómez, Catedrático de
Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de
Compostela quen empezou dando as felicitacións polo colexio profesional a
toda a comunidade de educadores/as pero sobre todo a quen está na trastenda
dando o alento que fixo nacer ó CESG, tamén dou as gracias por poder
compartir esta presentación do colexio cós educadores e educadoras sociais. |
Destaca
que como profesor da Facultade de Pedagoxía tivo a oportunidade de ter
participado e compartido foros de encontro entre os/as profesionais da
educación social e a universidade, en distintos sitios de España, nos cales o
propósito era acadar unha diplomatura, que é a que certamente está sendo un
dos principais eixos vertebradores do que se está a facer. Segue dicindo que
cabe entender e valorar o camiño percorrido ata o de agora e enfatiza o
traballo compartido que dende as distintas entidades se foi desenvolvendo,
pero que o logro do colexio non é o punto de chegada senón o punto de saida
para ir agrandando as señas de identidade da educación social. Fala de
que esencialmente estanse a dar ata o de agora 3 cuestións que son: 1ª)
Estase a contribuír e consolidar a reconceptualización o pensamento e
prácticas da educación social, configurando así unha praxe da educación para
toda a vida. E hai que romper a espiral da educación=escolaridade. 2ª)
Estase a xerar unha cultura moi interesante, unha nova concepción do traballo
social, deixando a conceptualización asistencialista a favor dunha liña
educativa na cal os/as educadores/ as sociais terán o protagonismo. 3ª) As
liñas de investigación da universidade que aportan coñecemento científico
para ampliar as prespectivas neste campo. Fala
tamén da necesaria cooperación entre a Universidade e o CESG no senso de
promover iniciativas formativas para establecer unha formación continuada
para os/as educadores/ as sociais, e tamén no senso de resolver certas
situacións de claroescuros da educación social como son: a) A
mellora dos currículums formativos universitarios. Necesidade de integrar
mellor a formación teórica e o Practicum dos/as alumnos/as. Isto compromete
moito ós/ás profesionais porque non son meros acompañantes senón axentes de
formación. b)Coordenar
mellor o traballo das tres universidades. c)Mellorar
a transición dende a formación incial ó traballo profesional. Optimizar
o traballo conxunto entre as universidades e o mundo profesional para
resolver cuestións como a necesidade de definir o perfil, o rol… Remata
dicindo que esta é unha obriga á apertura de miras a un cambio de mentalidade
de todos/as, da universidade e dos/das profesionais. A
continuación falou Flor Hoyos Alarte, presidenta de ASEDES, que
escomenzou manifestando a súa ledicia por estar en Galicia celebrando a
presentación dun colexio que tanto esforzo supuxo. Continuou falando de que
ASEDES conta con alrededor de 6.500 asociados/as de todo o territorio
estatal, e que agora mesmo no panorama asociativo hai 2 colexios, o catalán e
o galego e 14 asociacións. Falou tamén da importancia da FEAPES, antecesora
da actual ASEDES, na consecución dos colexios e na evolución da Educación
Social; os primeiros retos plantexados en Murcia son hoxe logros conqueridos: -A
Diplomatura. -Os
colexios profesionais - A
creación dun movemento estatal solidario e homoxéneo |

|
ASEDES polo tanto é a herdeira destes
logros polo tanto está compremetida con este reto, e os obxectivos que se
plantexa agora mesmo son: -Mellorar a calidade profesional. -Ser un punto de encontro de asociacións
e territorios diferentes. -Apostar por o modelo de colexio. Lembra tamén que o colectivo galego asume
hoxe o liderazgo por contar cun colexio, pero quere suliñar o traballo feito
dende Galicia por Federico Armenteros como presidente de AESG e da
FEAPES. ASEDES tamén aposta por ter unha maior
presencia social e ser representativa a nivel estatal e tamén a nivel
internacional a través da labor que están realizando xente como Toni Juliá.
Tamén se conta co uso do portal eduso.net, para facer posible o encontro
virtual. Comenta que neste intre hai 2 colexios e
6 asociacións que teñen presentada a solicitude o que dará paso nun futuro a
pasar a traballar a nivel intercolexial. Dende ASEDES trabállase coas
asociacións grandes, pero tamén coas pequenas, para apoialas e estar o seu
lado e ofrecerlle todo o que se está a facer. Para rematar comentou que esperan contar
co apoio do colexio galego en ASEDES como segundo colexio estatal que xunto
co catalán van a ter moia responsabilidad e que nos vai aportar maneiras de
traballar diferentes, e pon a nosa disposición todo o que se poida necesitar
a nivel estatal. Finalmente fai un brindis hipotético pola posta en marcha do
colexio. A continuación fala Rafel López i
Zaguirre, Presidente do Col·legi de Catalunya que da as gracias por poder
estar aí e aclara que no seu discurso vai facer aportacións ó falado polos seus
compañeiros/as, Caride e Flor, posto que lle parece moi interesante
recordalas. Primeramente fala da importancia de
territorios como Navarra, claro impulsor da Educación Social. Se dí que o
primeriro Congreso de Educación Social foi o de Murcia, pero convén recordar
o que algúns chamamos o Congreso Cero de Navarra, de aqui a Murcia, de ésta a
Madrid e logo a Barcelona. Naqueles primeiros momentos se plantexaban grandes
retos, retos que hoxe lembran Caride e Flor, algúns deles foron acadados,
caso da creación dos colexios profesionais. Neste punto afirma que, polo tema
político, Galicia vai ser un referente estatal claro. Rafel quere plantexar á unviversidade os
seguintes retos: -Superar a definición formal da creación
da Diplomatura, posto que di que é unha definición ambigua que non reflicte a
historia. -Presencia da Diplomatura en todas as
comunidades autónomas. -Definición dun marco estable de
colaboración entre a universidade e os colexios. -Por ultimo, ver como dende a
universidade se pode articular o proceso de homologación dos antiguos
estudios de eduación social. A continuación fala do colexio
profesional dicindo que él enténdeo non coma un fin, senón como un
instrumento que axuda a regular a profesión. Explica así mesmo 10 conceptos
claves que debe ter un bó colexio: Pluralidade. Apertura Transparencia Participación Discurso Calidade Promoción Autonomía Denuncia e proposta social Representación e defensa
profesional. |
A continuación falou Pilar
Sabio, vicepresidenta da Comisión Xestora do CESG, quen puxo de manifesto
que ó colexio debe ser unha plataforma de reflexión da educación social que
todos os educadores e educadoras deben impulsalo para que chegue a un estado
adulto, posto que de momento é unha estructura feble, e non se pode caer no
erro de pensar que todo está acadado; éste –dixo- é o principio e non a
chegada. Continuou dicindo que como colexio xove ten unha parte moi positiva
que é que está cheo de ilusións. Pilar concretou a tarefa que está
a desenvolver neste momento o recente creado colexio: -XESTORA: ten como traballo
fundamental a habilitación profesional. A Comisión Habilitadora está
composta por 18 persoas: 6 profesionais, 6 profesionais diplomados/as, 3
expertos/ as en educación social, 3 membros da universidade. Dende esta comisión estase a facer
un grande esforzo para recibir todos os expedientes antes de que se acabe o
proceso . Todos/as nós estamos nun campo
onde pedimos participación, ilusión...., pero agora tócanos facer os deberes,
por iso anima a todos/as a mandar canto antes toda a documentación. Tamén lembra a todos aqueles
diplomados e diplomadas que se teñen que incorporar ó mundo laboral, e que
ten que ser toda esta xente xove a que ten que participar no colexio para que
isto cambie, posto que a xente xove é o futuro colexio. -FORMACIÓN CONTINUADA: existen
convenios coas universidades para facer un pequeno ciclo
formativo. -Creación dunha bolsa de traballo
dentro do colexio. -Grupos de traballo e de estudio: .Menores .Animación Sociocultural .Plan de Inclusión social Coa idea de facer un documento de
traballo para presentalo logo ás
administracións. - IV Congreso Estatal do Educador
Social 2004, recollendo así testigo de
Cataluña. -Unha revista “GALEDUSO”. -Creación da páxina web
colexioeducadores.com, que todavía está en construcción. Remata Soledad comentando que a
Edución Social está viva e boa proba delo é o que aquí se está a dicir dende
os/as distintos/ as representantes. A continuación, falou Federico o
antiguo presidente de FEAPES e de AESG e membro fundador desta última,
declarando e asumindo que o seu papel xa forma parte da historia, pero a
partir de agora a historia está nos libros. Por iso hai que asumir novos papeis
e cortar. Remata o acto de presentación
cunha divertida obra de teatro escolma da obra de Koldobika G. Vío “Pasarela
Edumoda” parodiando a intervención dos educadores e das educadoras sociais en
diversas situacións cotiás do seu traballo, levada a cabo por Federico
Armenteros e por Ánxela Paz, membros da comisión xestora, en colaboración
con: Xavi, Pepablo e Ro, outros educacadores e educadoras sociais. Lucía
Mosquera Miramontes |
|
Esta
sección tentará recoller información sobre: cursos a realizar, congresos,
seminarios, campañas, libros novos que saen á venda relacionados cos
distintos ámbitos da Educación Social, páxinas web interesantes, etc... Por este ,otivo, animámosvos a participar mandando
ó CESG información que teñades da vosa man e que sexa interesante dar a
coñecer. A
continuación ofrecémosvos unha selección BIBLIOGRAFIA
A INCLUIR: •Escarbajal
de Haro Andrés (coord.) "La Educación Social en marcha".
Editorial NAU llibres. Valencia 1998. •Riera
Romaní Jordi. "Concepto, formación y profesionalización de: Educador
social, trabajador social y el pedagogo social". Un enfoque
interdisciplinar e interprofesional. Editorial NAU llibres. Valencia 1998. •López
Martín Ramón : "Fundamentos políticos de la Educación Social".Colecc.
Teoría e Historia de la Eduación. Editorial Síntesis. Madrid 2000. |
•Pere Amores e Pello Ayerbe. "Intervención
educativa en la inadaptación social". Editorial Síntesis. Madrid
2000. •Pérez-Campanero Mª José "Como detectar
las necesidades de Intervención Socioeducativa" . Editorial Narcea.
Madrid 2000. •Maya Pedro e Caballero José Joaquín.
"El Animador sociolaboral". Editorial CCS. Madrid 2001. •Caride J. Antonio (Coord.)
"Educación Social y Políticas Culturais". Edita Tórculo Edicións.
Santiago de Compostela 2000. •Vieites F. M. (coord.) "Animación
Teatral. Teorías, experiencias, materiais". Edita Consello da
Cultura Galega. Santiago de Compostela 2000. •Rubio Mª José e Monteros Silvina.
"La exclusión Social". Teoría y práctica de la intervención.
Editorial CCS. Madrid 2001. •Marco Marchioni (coord.) "Comunidad
y cambio social" Teoría y praxis de la acción comunitaria. Editorial Popular.Madrid 2001. •Fantova Fernando. "La gestión
de organizaciones no lucrativas". Herramientas para la intervención social. Editorial CCS.Madrid 2001. •Calvo Ana. "La Animación
Sociocultural". Una estrategia educativa para la participación.
Editorial Alianza. Madrid 2002. •Ventosa Víctor J. "Fuentes de
la Animación Sociocultural en Europa". Editorial CCS. Madrid2002. •Ezequiel Ander-EGG. "Como hacer
reuniones eficaces". Editorial CCS. Madrid 2002. |

Opinións e frases:
-
¡ Reivindiquemo-la paz e o desarme! Pidamos que se faga un uso alternativo ós
gastos militares. ¿Sabías que
un
submarino nuclear vale tanto como construir e equipar 50 hospitais? Ou que ¿
unha ametralladora o mesmo
que
un tractor? Ou que ¿ armar e manter a un soldado vale tanto como garanti-la
educación de 80 nenos e nenas?
E
que...¿unha caixa de balas tanto como vacinar a unha criatura contra as 6
doenzas máis comúns e letais:
sarampelo,
tose ferina, tétanos, polio, tuberculose e difteria?. É hora de
desmilitariza-la nosa sociedade, hora de
falar
de igualdade, do dereito á diferencia, dunha sociedade sen explotación, nen
opresión, sen discriminación,
facendo
respecta-los dereitos humanos. A educación social, educación en valores.
Aldara Pérez
-
Ollo
por ollo, e o mundo quedara cego” M. Gandhi -
“ninguen
pode facer que te sintas inferior sen o teu consentemento” Eleonore
Roosevelt -
“Non
vemos as cousas como son : vemos as cousas como somos” Anaïs Nin -
“As
accións son moito máis sinceras que as palabras” Mademoiselle de Scudery -
“Convence
ós que se esforzan por mante-la distancia da dúa superioridade, que podes
cegar a ela aínda que poñan tropezos no teu camiño” María Barneito