O TEMA DO MES

A Asamblea Constituínte
Un dos. eventos máis importantes do Colexio terá lugar este ano, ó a celebración o vindeiro 24 de maio do Asamblea Constituínte do Colexio. Coa celebración da Asamblea culminará un longo proceso cheo de esforzos e ilusións que comezou xa  hai uns anos.

Neste acto daremos cumprimento ás funcións encomendadas polo "Leí de Creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia (Le¡ 1/2001)": a aprobación dos Estatutos Definitivos, que nos darán entidade propia, e a constitución dos órganos de Goberno, que nos representan e levarán os rendas do Colexio durante os vindeiros anos.

No Asamblea poderemos participar activamente tódolos colexiados. A participación de todos nós é esencial. Por ¡so, se non podes asistir por calquera motivo, teredes a posibilidade de delegar o vaso voto noutro compañeiro colexiado.

Para favorecer a participación democrática no Asamblea, con anterioridade ó celebración da mesmo, enviarémosvos a todos unha copia do Proposta de Estatutos. Tódolos colexiados temos dereito a presentar enmendas a esta proposta no prazo que se establecerá ó efecto. As enmendas presentadas (á totalidade ou parcialidade dos Estatutos) serán discutidas e sometidas a votación durante a celebración da Asamblea ata acodar un acordo conxunto.

En canto á elección dos membros dos órganos colexiais, aqueles interesados en formar porte activa no dirección do Colexio, podedes presentar as vasos candidaturas. Lembrade que será preciso presentar unha lista pechada de 12 candidatos, especificando as funcións que asumiría cada un (presidencia, vicepresidencia, tesourería, secretaría e vocalías). A nova directiva do Colexio será elexida polo Asamblea entre toda-las candidaturas que se presenten.

Animámosvos a todos a participar activamente no celebración do Asamblea porque é o principal órgano de participación e decisión de tódolos colexiados.

Dende o Colexio manterémosvos puntualmente informados sobre tódolos aspectos relacionados coa celebracion de Asamblea Constituínte (datas, prozos, documentación, etc) e, en calquer caso, estamos a vaso disposición para as dúbidas que teñades ó respecto.


Mº José Fernandez Vocalía da Asamblea



AS ACTUACIÓNS REALIZADAS

Relacións estatais e institucionais (Asedes)
 
0 que parecía un soño xa está aquí. Algúns me preguntaban se era o influxo das meigas ou a forza do nasa mar a que levou en boa hora a tomar un soño. Xa temas colexio en Galicia, pero temos moito máis, temos a forza para seguir construindo colexios en todo o Estado
29 de Novembro do 2002, Galicia cedeu a Vicepresidencia de Relacións Internas de Asedes. Se cadra, a alguén Ile estrañe que o segundo colexio do país esté fora de xunta. Así debe ser, hai que deixar paso a ventos novos
Nembargantes, marchamos coa ledicia de participar neste soño solidario: o Colexio das Illas Baleares xa está ahí. Xa somos tres, e moi pronto seremos catro, e cinco, e seis,e así deica a creación de tódolos colexios.
Non importa o lugar no que está un ou outro, importa o que queremos conquerir. E o que queremos acadar é moi grande: queremos o recoñecemento social das educadoras e dos educadores sociais, a promoción da Educación Social e, en definitiva, a mellora das condicións de vida das xentes da nasa sociedade. Nese proceso, Galicia estivo sempre preto.
"Collendo nos augas máis fondas do mar 0 talismán que nos faga chegar
A unha ¡lla ande poidamos vestirnos Con outra luz"
Que diría Emilio Cao.
Que un bo venta nos leve en boa hora.

Mª Soledad Hernández Hernández

Outras Actuacions  
Aparte da Habilitación, da preparación da Asamblea Constituínte, e as relacións externas, temos que destacar, entre outras, as seguintes actuacións emprendidas:

• Elaboración da proposta dos Estatutos Definitivos (que vos enviaremos próximamente)
• Presentación e establecemento de colaboracións coas universidades e próximas promocións de Educadoras/es Sociais, Concellos, Xunta ...
• Actuación cara a normaliza-la profesión: entrevistas coa D. X. da Función Pública e Sindicatos; interposición de recursos ente as diversas convocatorias de prazas, entrevista co D. X. de Formación e Colocación.
• Posta en marcha dos grupos de traballo de Xerontoloxía, Educación Social na Secundaria e Menores (Lembra que precisamos a tua colaboración nestes grupos, así como suxerir a formación de outros que consideres de interés).
• Preparación do Congreso Estatal
• Posta en marcha da nosa páxina WEB, que incluirá unha bolsa de Emprego.
• Resposta a demandas de información ou demandas por parte dos colexiados e doutras institucións.

Avances sobre a Habilitación

Dende a comisión de Habilitación realizouse un traballo en base á le¡ de creación do Colexio Profesional. Dita le¡ marcaba os supostos nos que se podía habilitar profesionais, así como os prazos para poder optar á habilitación.
A derradeira comisión de habilitación tivo lugar o pasado día 7 de marzo, así que a partir de agora comeza unha labor de reconto.
Como saberedes a esta habilitación non solamente optaban os educadores da nosa comunidade, así que, para comezar a manexar datos saber que chegaron ao colegio un total de 4568 solicitudes de habilitación, das cales 884 eran procedentes de Galicia, o resto pertencían a outras comunidades do estado español. Cataluña, sen dúbida, foi a que máis expedientes envióu (1748).
A partir de agora, quédanos facer un estudio de todo o que foi o proceso de habilitación en Galicia e transmitilo a todos/as.

Novos retos e propostas  
Ademais de continuar cos temas xa emprendidos (presentación do CESG, normalización da profesión, grupos de traballo existentes, Congreso, páxina WEB, ...) a Xunta Xestora do Colexio quere poner en coñecemento dos seus colexiados/as as seguintes actuacións para as que necesita a colaboración das persoas interesadas.

• Preparación e realización das xornadas de formación ("Mediación Familiar", "Creación de Empresas" e "Educadores Socia is en Xerotoloxía").

• Presentación do CESG nos tres campus galegos e na UNED. Constitución do grupo de traballo de estudiantes de Educación Social.

• Posta en marcha do grupo de traballo de "Inmigración" e  relanzamento do grupo de traballo de “Menores” – Os Colexiados interesados en participar nestes grupos de traballo deben contactar coa sede do Colexio.
• Completar e ampliar a base de datos dos Colexiados interesados en dar cursos, traballar en diversos ámbitos, colaboraar en publicacións, etc. Para esto os interesados en que teñamos os seus datos cara a respostar a diversas demandas que nos fagan instituciónse empresas, e que non mandaran o documento no seu momento, rogamos que o soliciten a secretaría do CESG.

• Posta en marcha da biblioteca do Colexio, neste momento estamos a recoller documentación, histórica e actual, sobre temas relacionados coa nosa profesión. Se tedes nas vosas mans o doar calquer material (documentación de xornadas, publicacións, libros, ...) pregamosvos os poñades en contacto co CESG.

Como vedes son moitos os retos e ideas que un colexio xoven como o noso. Precisamos da colaboración e ideas de todos para poder mellorar o noso Colexio e con elo a situación da nosa profesión.

NOVAS DO DOGA
  • DOGA 18/02/03 Decreto 159/2003, do 31 de Xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuita. (Lembra que tódolos colexiados temos dereito a inscribirnos nos listados para ser mediadores familiares)

  • DOGA  23/01/03 Orde do 17 de Xaneiro do 2003, pola que se dispón da concesión de axudas a persoas físicas e xurídicas por razóns de interese social ou humanitario.

  • DOGA 23/01/03 Orde do 15 de Xaneiro pola que se establecen as bases para as axudas e subvencións ás empresas cualificados como iniciativas locais de emprego ou iniciativas de emprego rural.



    * Os Cursos e Ofertas de Emprego Recollidos neste Boletín están publicados nos servicios de emprego da páxina do colexio, así mesmo no tablón de anuncios na mesma dirección.