O TEMA DO MES

A Inmigración: un tema no que poder participar

O actual marco de globalización e a orientación crecente dentro do mesmo: a de liberdade exclusivamente dirixida cara as empresas, os capitais e, en concreto, cara os obxectos do comercio, entendendo que dende esa perspectiva a man de obra é UNHA MERCANCÍA MÁIS.

A Inmigración é un aspecto da vida social, estatal e nacional que vai gañando peso e que require unha ampla implicación cidadá, en particular, do colectivo dos Educadores e Educadoras Sociais, tanto pola súa expresión profesional como na súa dimensión social; persoas con dereitos e deberes que poden incidir no sentido da sociedade.

Tanto para estos aspectos, como por outros a mencionar, o COLEXIO quere conformar este grupo de tranallo..

Pana nós a inmigración, suscríbese no ámbito da interculturalidade e comprende, como xa se mencionou, unha variada gama de aspectos e tendencias, que vamos a insinuarvos no renglón seguido:

-         Unha vertente Ético-Xurídica: no sentido da humanidade dos inmigrantes e dos dereitos que lles asisiten en canto tales, en canto persoas, independentemente do seu lugar de nacemento, tal e como se expresa da Declaración dos Dereitos Humanos. Horizonte este, que entra a cotío en conflicto no ámbito legal e incluso constitucional e administrativo dos estados contemporáneos e, en concreto, da Unión Europea. Dende logo, tamén isto é unha realidade para Galicia.

-         O campo vivencial ou do mundo da vida, en canto ó seu desenvolvemento cotián está mostrando cómose vai configurando outro sector social con notables vulnerabilidades no seu acceso ós campos vitais e servicios básicos: alimento, traballo, vivenda, saúde, documentación, asociación, entre outros.

-         En canto á esfera profesional da Educación Social e, en xeral, das ciencias sociais e das humanidades, preséntase un desafío dual; de elaborar coñecemento mediante a investigación e a sistematización das experiencias propias e alleas, pero á vez de adecua-la acción profesional, pasando polos campos de formación dos profesionais e pala actualización dos procedementos do seu desempeño, a estos cambios na sociedade que, como pode percibirse, enriquecen a súa acción ó proporlle novos desafíos e búsquedas nos distintos sectores do seu exercicio (a estola, o barrio, os centros de acollida, os espacios da animación comunitaria, etc.]

-         Se se pensa na perspectiva dos cambios políticos pode entrarse nun campo de enorme riqueza toda vez que os inmigrantes mustraron xa unha crecente capacidade de movilización e organización (índa que ésta non esté formalmente recoñecida) pero sobre todo ó poñer en claro a necesidade de replantearse o sentido da DEMOCRACIA, de maneira que conceda posibilidades de actuación lícitas e modos de expresión con posibilidade de participar realmente na toma das decisións que teñen que ver coa marcha das comunidades, coas formas de vivir das persoas. Neste sentido a convivencia cidadá, a cidade educadora, a educación para a maioría de idade, a formación nos dereitos e deberes, a negociación de diferencias interculturais, por mencionar algunhas vertentes, son unha nova prioridade.

-         Pero ademáis, o actual marco de globalización (ou mundialización) e a orientación crecente dentro do mesmo: a de liberdade exclusivamente dirixida cara as empresas, os capitais e, en concreto, cara a obxectos do comercio (entendendo que dende esa perspectiva a man de obra é UNHA MERCANCÍA MÁIS e por ¡so conleva á movilidade dos/as traballadores/as) esixe das persoas racionalmente orientadas na vida., así como dos grupos comunitarios o replantearse o seu papel vital dentro do dualidade localidadelmundo (vivir no aldea, a comunidade, tendo sentido de mundo)

Dimensión complementaria (non contradictoria) que nos ven como un imperativo, das demandas dos movementos antiglobalización, de mercado xusto, de rexeito á explotación infantil, de rexeito ás guerras e ós desastres no natureza acentuados pala negibrencia dos autoridades. Dimensión complementaria ésta da globalización para orientar os nosos comportamentos culturais, cidadáns e frente 6 que consumimos e, por suposto, cara o crecente intercambio de persoas entre os estados.

Como vés, por esta enunciación primaria, as posibilidades de tratamento e de implicación son en verdade amplas e prometedoras.

Por isto, o Colexio de Educadores Sociais de Galicia convídate a formar parte dun grupo de traballo concentrado neste tema, tan multifacético e dinámico e, por riba de todo, tanto de actualidade como de prioridade, no cal terás a posibilidade de proxecta-la túa influencia cara ás aspectos xa sinalados:

1.    0 da práctica profesional

2.    0 da docencia e a capacitación dos e das Educadores Sociais como actores de intervención. 3.        0 das políticas sociais

4.    0 das respostas da poboación.

5.    E o da creación de coñecemento/experiencia nesta esfera.

Para vir a formar parte deste grupo, ambicioso e á vez necesario, debes comunicarte coa Secretaría do COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA, no 98 155 22 06 ou enviar un E-Mail a cesg@colexioeducadores.com .

Deberás ter en tonta, ademáis, que o camiño de traballo e de temas no CESG non está rematado, que esta comunicación pretende ser só un medio para convocarte á elaboración dun documento meticuloso e profundo sobre a realidade da inmigración. Con esta clase de convocatorias queremos obte-las túas aportacións, tanto para este como para outros aspectos que consideres de interese. Convidámoste.

¡VEN E úNETE ó GRUPO!

Luis Ávaro Benavides González

 

 

 

 

 

A  TER   EN  CONTA

        -    A revista "Cuadernos de Pedagogía " de Febreiro do 2003 adicou un especial á Educación Social, contando coa aportación da nosa compañeira Pilar Sabio Sanz. Nesta entrevista comparte a súa tonga traxectoria como Educadora e os retos ós que tivo que enfrentarse. Asimesmo danos a coñece-la súa labor no Concello de Santiago, ná unidade municipal de atención a drogodependentes (UMAD), dende a cal, como parte do equipo puxo en marcha diferentes iniciativas, entre elas, a unidade móvil, o programa laboral para usuarios de drogas e o programa de prevención co colectivo xitano.

       -OS PASADOS 6 E 7 DE Xuño tiveron lugar en Madrid as primeiras xornadas de ASEDES co título "A Educación Social escenarios de futuro ". Estas xornadas pretenderon dar a coñece-lo traballo que vén realizando a asociación estatal (impulso de novos colexios, paxina WES de EDUSO—.), así como para entrar en contacto coa situación noutras comunidades. 0 noso colexio estivo olí para falar da nosa experiencia no proceso de creación.Participamos tamén nos obradoiros de traballo sobre o futuro da nosa profesión, tratando temas como as políticas sociais, o asociacionismo, a definición do Educador, o $digo deontolóxico e a converxencia europea. 0 fin deste traballo é unir forzas para defender e mellora-la profesión do/a Educador/a Social, traballo que va¡ dende os acordos que implican accións a nivel estatal a aqueles que xorden na práctica diaria do noso traballo..

 

 

Como xa vos comentamos a Conselleria de Familia, Xuventude e Voluntariado decretou o regulamento da figura do mediador familiar e abriu o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia. Sabedes que se poden inscribir tódolos/as colexiados/as que acrediten experiencia no campo e presenten a documentación pertinente (Certificado de experiencia laboral, tarxeta de colexiado/a, título universitario, DNI (DOG 18/02/03 e DOG 4/03/03) e satisfagan a cota de 94.71 E portaxas.

      A Consellería de Familia está a pór en marcha un programa que ten como obxectivo a convivencia de menores con medidas xudiciais, con outras persoas, familia ou grupo educativo co fin de proporcionarlle un ambiente de socialización positivo nun núcleo distinto ó da súa familia. Neste momento precisan incrementa-la bolsa de familias e, sobre todo, incorporar a elas profesionais no tema. Podes ter máis información chamando 6 teléfono 981545669.

      0 INEM xa recoñece a habilitación feita polo colexio, polo que, se estás buscando emprego, sabes que podes inscribirte no epígrafe de Edudación Social.

          Cada vez somos máis e xa están no periodo de creación os colexios de Baleares e da Rexión de Murcia. Ademáis de felicitarás compañeiros destas comunidades, se coñecedes a algún educador despistado que non se habilitara aínda remitídeo á páxina WEB: www.eduso.net onde entre outras cousas poderedes atopar as leis de creación e as condicións e periodos de habilitación destes dous novos colexios.

 


 

Asemblea  Constituínte do CESG

 

A participación é esencial para que sex-amos un Colexio Prafesional forte cotp.presenr~a-alí donde tañamos que tela.

Sen a colaboración de todos/as, non é posible. Un dos obxectivos será formenta-la participación de todos/as na vida colexial, abrindo canles de comunicación, facendo unha institución plural e aberta para todos/as, organizando actividades, creando as seccións profesionais, grupos de traballo,...

0 día 24 de Maio celebrouse no Pazo de Congresos de Santiago a Asemblea Constituínte do noso Colexio, a primeira Asemblea Xeral de colexiados/as. Como ben sabedes, nela debíanse aproba-los Estatutos do Colexio, o documento marco do noso funcionamento e elixi-la primeira Xunta de Goberno. Durante o acto abriuse un interesante debate sobre a importancia dos Estatutos e sobre algúnhas cuestións e enmendas presentadas.

En total, presentáronse 9 enmendas ós Estatutos, relacionadas coa Xunta Permanente, as seccións profesionais, as convocatorias da Xunta de Goberno, a periodicidade das reunións da Xunta de Goberno e da Xunta permanente, e outros temas.

Despois do longo-e productivo debate, aprobáronse por maioría os nosos Estatutos.

Neste momento están en man da Consellería de Xustiza e pronto serán publicados no DOGA, adquirindo total legalidade.

Tamén se elixiron os órganos da Xunta de Goberno, composta por 12 persoas. Só se presentou unha candidatura, a proposta pola Xunta Xestora (o órgano que levou as rendas do Colexio durante o longo proceso de creación que comezou no 2001).

0 mái importante a salientar foi que se acadou un equilibrio entre a renovación e a permanencia. Permanencia, porque continúan traballando 6 persoas da anterior Xunta Xestora, aportando experiencia e rodaxe, e renovación porque se incorporaron 6 persoas novas, traendo consigo aire fresco e moitas ganas de traballar 6 Colexio.

Entre os obxectivos da nova Xunta de Goberno para os próximos anos apostamos por fortaleced o Colexio, promover e asenta-la nosa profesión en Galicia e por fomenta-la participación dos/as colexiados/as dentro da vida colexial, entre outros.

A pesar dos esforzos e da información achegada a tódolos/as colexiados/as, a asistencia a esta Asemblea, a primeira e máis importante de todas, foi, en calquera caso, mínima.

Asistiron ó redor de 30 persoas e, tendo en tonta que somos uns 1600 colexiados (preto de 900 galegos), isto danos moito que pensar. Debe darnos que pensar a todos e a todas.

A participación e esencial para que sexamos un Colexio Profesional forte e con presencia alí onde teñamos que tela. Sen a colaboración de todos e de todas, non é posible.

A Xunta de Goberno constitúese por 12 persoas, que traballamos de forma voluntaria, compaxinando a nosa adicación a este Colexio, no que tanto cromos, tos nosos traballos e vidas persoais. Ha¡ moito que facer e queremos facer moito máis, pero 12 persoas pouco poden san a colaboración e o apoio de todose de todas.

Por ¡so, un dos obxectivos será formenta-la participación de todos e todas na vida colexial, abrindo canles de comunicación, facendo unha institución plural e aborta para todos, organizando actividades, creando as seccións profesionais, grupos de traballo,...

Parafraseando unha das intervencións do Presidente electo, Alberto Fernández: °agoraxa tamos o coche. nos queda decidir cara onde queremos ir". 0 colexio non é, non debe ser, un mero órgano xestor. Ten que ser algo máis. Ten que ser un órgano que abra portas, que xere expectativas, que ofreza servicios e que promova e faga máis grande a nosa profesión.

Todos somos importantes, todos temos que participar.

Convidámosvos a todos e todas a achegarvos 6 Colexio e participar nas reunións e grupos de traballo que se están creando. Contamos con vosco.

 M' José Fernández Barreiro

        Vicepresidenta do CESG.

 

FORMACIÓN CONTINUA

Fe de erratas: no boletín anterior os cursos promovidos dende o colexio estaban todos eles realizados por XENEME.

FORMACIÓN CON DESCONTOS PARA OS/AS NOSOS/AS COLEXIADOS/AS PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN CON ALZHEIMER

Organiza: Atendo Formación

(Están distribuidos en módulos: poden realizarse de maneira presencial ou a distancia

Mod. Hrs Datas (Venres e Sabados)    E /presencia¡*                           E/Distancia*

I    15h     (do 25/4-10/5            45       30

II   30 h    (do 16/5 -31/5)          90       70

III  23 h    do 11/7-1/8)  85       65

IV 23 h    (do 10/10 -25/10)     85       65

*10% desconto ós colexiados                                                  Completo 200                                            Completo 150 **Máis información e inscripcións: Centro Oía Atendo C/ Zaragoza 52 Vigo

TF: 986 470936

OBRADOIRO DE MANUALIDADES Organiza: Atendo Formación**

 

ANIMACIÚN SOCIOCULTURAL PARA MAIORES

Organiza: Atendo formación**

Prezo: 90 €

INICIACIÓN Ó ALZHEIMER E TÉCNICAS DE COIDADO Organiza : Atendo formación**

Prezo: 30 E

PSICOESTIMULACIÓN C06NITIVA NAS DEMENCIAS Organiza : Atendo formación**

Prezo: 70 E

AROMATERAPIA, XERONTOMÚSICA E DANZATERAPIA Organiza: Atendo formación**

Prezo: 65 E

PSICOMOTRICIDADE, MOVILIZACIÓNS E XIMNASIA MENTAL Organiza: Atendo formación**

Prezo: 65 E

 


NOVAS DOS BOLETINS

PRAZAS

BOE 23 de Abril 2003: Resolución do 4 de Marzo do 2003, concello de Cangas, pola que se anuncia a oferta de emprego público. (1 Animador sociocultural, 1 Técnico en drogas e 1 Educador Social)

• DOG 17 de Marzo 2003:Prazas para persoal laboral da Comunidade Autónoma; 2 animadores socioculturais 

OUTROS

      Boletín Xove de Xuño do 2003:Consellería de Asuntos Sociais Emprego e Relacións Laborais:

-    Subvencións a entidades que promovan obradoiros de emprego.

-      Subvencións a entidades que promovan escolas obradoiro e casas de oficios

-      Subvencións dirixidas a entidades que impulsen unidades de promoción e desenvolvemento, coa posta en práctica de plans e proxectos integráis de políticas activas de emprego.

      Boletín Xove de Xuño de 2003. Ministerio de Asuntos Exteriores: Axudas e subvencións para a realización de actividades dirixidas á divulgación, promoción e defensa dos dereitos humáns.

      Boletín Xove de Xuño de 2003: Federación de centros Xuvenís Don Bosco: Concurso de deseño de campamentos.

      DOG 28 de Marzo 2003: Axudas para actividades programadas por entidades xuvenís e entidades prestadoras de servicios á xuventude

      DOG 31 de Marzo 2003: Axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre

      DOG 2 de Abril 2003: axudas para actividades dirixidas á xuventude e programadas por Concellos

      DOG 3 Abril 2003: Bases para axudas a concellos para a promoción da información xuvenil

    DOG 11 de Abril de 2003: Bases ás axudas para actividades programadas por entidades xuvenís e entidades prestadoras de servicios á xuventude