Galego galego Castellano castellano

acceso colexiados
 
      




O CEESG pertence ao

COMO COLEXIARSE
Para poder tramitar a solicitude de alta como colexiado/a do CEESG deben entregarse debidamente cubertos os seguintes impresos e documentación:

1. IMPRESO DE ALTA.

2. IMPRESO DE DOMICILIACIÓN BANCARIA.

3. IMPRESO DE CURRÍCULO ACADÉMICO (modelo do CEESG ou propio)

4. 3 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ.

5. FOTOCOPIA COMPULSADA DO DNI.

6. FOTOCOPIA DO TÍTULO DE DIPLOMADO/A EN EDUCACIÓN SOCIAL OU DEPÓSITO DE TÍTULO DEBIDAMENTE COMPULSADA. En caso de ser un título estranxeiro terá que estar debidamente homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia.

7. RESGARDO BANCARIO DE TER EFECTUADO O PAGAMENTO DA COTA DE ALTA nunha das seguintes contas bancarias:

Banco Sabadell: 0081-0499-61-0001046708
Caixa Galicia: 2091-0101-12-3040049357
Caixanova: 2080-0152-65-0040020458

A cota de alta responderá aos seguintes supostos:
a) Colexiación no 1º ano dende a obtención do título ou depósito de título da Diplomatura: 15 €
b) Colexiación no 2º ano dende a obtención do título ou depósito de título da Diplomatura: 35 €
c) Colexiación a partir do 2º ano dende a obtención do título ou depósito de título da Diplomatura: 65 €

Recibida no CEESG esta documentación, daráselle trámite administrativo e á maior brevidade posible enviarase por correo ordinario copia da Solicitude de Alta xunto co carné de colexiado/a e o código deontolóxico da profesión.

Xa formalizada a túa alta no CEESG entrarías a formar parte da vida colexial e a disfrutar de todos os dereitos como colexiado/a, entre eles:

  • Acceso á Bolsa de Emprego (sección privada da web www.colexioeducadores.com).
  • Recepción das publicacións do CEESG: Boletín do CEESG (mensual) e Galeduso (semestral).
  • Asesoramento Laboral para a creación de empresa e Asesoramento Xurídico.
  • Servizo de préstamo da Biblioteca do CEESG.
  • Posibilidade de participación nos Grupos de Traballo.
  • Descontos en actividades formativas, ...etc.


  • Como colexiada/o, terás a obriga de manter ao día os pagos das cotas de mantemento semestrais que o CEESG xirará por semestre adiantado (a finais de xaneiro e a finais de xullo de cada ano).

    Estas ascenden en 2008 ás seguintes cantidades:

    - COTA XERAL (traballadores/as en activo): 66,50 €*.

    - COTA BONIFICADA POR DESEMPREGO: 33,20 €* (esta cota tamén se aplicará a xubilados pensionistas ou situación equivalente acreditada). Debe acreditarse facendo chegar ao CEESG copia da tarxeta de demandante de emprego antes dos días 1 de xaneiro ou 1 de xullo (segundo o semestre en curso). A primeira vez que se vaia facer uso desta cota debe solicitalo expresamente mediante escrito dirixido á Xunta de Goberno do CEESG.

    - COTA BONIFICADA POR SALARIO INFERIOR AO SMI: 49,90 €*. Debe acreditarse facendo chegar ao CEESG copia de certificado da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Bases de Cotización, antes dos días 1 de xaneiro ou 1 de xullo (segundo o semestre en curso) A primeira vez que se vaia facer uso desta cota debe solicitalo expresamente mediante escrito dirixido á Xunta de Goberno do CEESG.

    * Cotas actualizables anualmente segundo o IPC (acordo aprobado na Asemblea Xeral do CEESG do ano 2005)

    Non serán admitidas solicitudes de bonificación de cotas con posterioridade ás datas sinaladas, pese a que se axunte o xustificante oportuno que acredite a situación, dada a existencia de xuros bancarios sufragados por emisión e devolución de cotas, segundo acordo aprobado na Asemblea Xeral do CEESG do ano 2007.

    Os impresos necesarios podes descargalos directamente dende aquí:

    Impreso de alta
    Impreso de curriculo académico
    Impreso de domiciliación bancaria
    Solicitude de cota de alta bonificada
    Solicitude de cota de mantemento bonificada

    Unha vez colexiado/a, tes a opción de recibir toda a correspondencia do CEESG a través de correo Electrónico, para informarte sobre este servizo pincha aquí.


    COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
    Rúa Lisboa, 20 – baixo 15707 - Santiago de Compostela
    Tfno: 981 552206 Fax: 981 938274

    Política de Protección de Datos